Arquivo de tags

colateral

En agosto de 2007, o exército de Birmania reprimiu con dureza as manifestacións pacíficas dos monxes que só desexaban a democracia. Houbo máis de 100 mortos, aínda que a cifra exacta non se pode saber, dado que nin os medios de comunicación internacional nin a ONU ten acceso á zona.
En marzo de 2008, o exército e a policía chinesa reprimiu con dureza as manifestacións pacíficas dos tibetanos que reclamaban dereitos nacionais e democracia. Houbo máis de 100 mortos, aínda que a cifra exacta non se pode saber, dado que nin os medios de comunicación internacional nin a ONU ten acceso á zona.
Entre decembro de 2008 e xaneiro de 2009, o exército israelí reprimiu con dureza a poboación, pacífica e non pacífica, de Gaza, que como medida de presión pra rematar co bloqueo económico do seu territorio fustigaban, con toda a minguada capacidade que tiñan, o territorio israelí. Houbo máis de 1300 mortos, segundo cifras da ONU, que si ten acceso á zona.
Durante estes días non dixen nada. Non é que non pensara nada. De feito fixen pequenos comentarios aquí e acolá onde fun cualificado de axente sionista. É difícil non erguerse e non dicirlle ao goberno israelí: paren iso xa, o seu sangue é o meu sangue. Tan difícil como non erguerse en Birmania ou no Tíbet.
Tan difícil como non erguerse agora que calaron as armas e esixirlles aos dous bandos, coa mesma carraxe e a mesma indignación: vamos, constrúan a paz, o seu sangue é o meu sangue.

teses inacabadas, 4

Por todos os pecados que cometín nas vidas anteriores, e pra purificarme, fórzanme a ler ‘Un xogo de apócrifos‘ de Xosé Carlos Caneiro. Desesperado logo de comprobar dez veces no último minuto cantas páxinas me quedan, e nun pequeno buraquiño que atopo entre uns parágrafos cheos de palabrería va, escribo dous propósitos de teses.

  • O barato sae caro: a palabra “barato” e o clasismo intelectual na Galiza contemporánea.
  • O rabino non le a Rosalía?: o antisemitismo en Galicia, de Risco a Caneiro.