Arquivo de tags

alzheimer

Cando onte á noite estaba a realizar algo certamente prescindíbel, sentín un pequeno clic no computador. A partir dese momento non sucedeu nada máis.
Non puiden durmir en toda a noite e polo de agora tampouco puiden comer. O encargado de amañar computadores, un israelí moi simpático, acaba de dicirme que o que sucedeu semella ser o “click of death“, pero que ten que confirmalo. Aí dentro están millóns de bytes completamente insignificantes, vellos números, correos, axendas, enderezos e unha lista de contrasinais desas webs ás que non accedes case nunca. Tamén está a segunda tempada de carnivàle xa descargada, dous ou tres vídeos porno, as únicas fotos que me quedaban de Ulises e, por suposto, todo o traballo dos últimos dous anos e dos próximos seis meses.
Nunca un segundo da miña vida supuxo unha perda tan grande de tempo, traballo e memoria. E a dor que sinto non hai megas que a midan.