Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Athletics

Arquivo de tags

armario

Vou de xuíz á desputa da carreira popular da Silva (concello de cerceda), e fágome acompañar de Barataria. Ao velo no coche, pregúntame o máis besta brava de todos, o que bate todos os récords de chistes homofóbicos e machistas por minuto: e ese quen é? teu irmán? Dígolle que o meu mozo.
Aos seis minutos xa todos saben quen é ese tipo fraco, reservado e de nariz agudo porque o rumor segue sendo o principal medio de comunicación de masas. Incluso contan con Barataria, con tanta modernidade como curiosidade, pra que se poña en meta cos cronos. El di que non, que grazas, que ten moito que facer por exemplo en ankara e que marcha.
Non se me ocorre nada tan divertido, tan relaxante e tan satisfactorio como saír do armario, anque sexa nun ámbito tan pouco relevante coma este, e anque xa o fixera ducias de veces.

andrés díaz

Cando o vía correr na tele, dez e quince anos atrás, emocionábame mogollón. Mollábanseme os ollos e pesábame o nariz. Non era pola maxia do (medio)fondo, pois nunca me fixo moita graza, nin sequera pola emoción de ver se gañaba ou non. Creo que era máis ben algo físico, algo sentimental, algo que lle escintilaba sobre os xeonllos cando alancaba.
Agora téñoo o diante, falando das súas experiencias olímpicas e de como quedou sétimo en sydney padecendo unha mononucleose. Leva o pelo longo e mouro, como sempre, pero agora ao vivo vénselle uns beizos moi fermosos e unha forma de desprazarse extraordinaria.
E agora xa sei que todo aquilo das bágoas e a televisión era simplemente amor.

hipoteca

Nestes últimos días vin o desolador filme O pesadelo de Darwin, tan útil e ben estruturado como desaconsellábel prás ánimas sensíbeis. Estiven con Martin, Bossanova e un inda-mais-fermoso Ben Harper nun concerto de música brasileira, nun bar brazuca con expendedor de tangas no baño das rapazas. Ceei a fartar con eles no senegalés. Tomando o seu arroz picante con peixe e vendo as percas do ‘Pesadelo’ sentín unha morriña suxa, ganas de voltar a dakar, e dor. Lin un intento tan voluntarioso como soso de falarlles de homosexualidade aos nenos, chamado O día da ra vermella. Pillei a molladura do século, fincando estadullos nun campo de cros baixo ventos de 110 km/h. Empecei a recoller cinco ou seis veces os papeis do cuarto. Andei en bici. Traballei en exceso. Comecei un par de iniciativas que me motivan moito e que probabelmente non rematarei. Recibín a senalcume, que chega coa vasoira cargada.
E durmín moi poucas horas, moi poucas, pero estou en tratos pra que mas desconten na seguinte vida, nunha especie de hipoteca de karma a 30-60-90. A ver se ma conceden.

cross-country

Paso toda a tarde de venres chantando estacas e largando fita pra un campionato de cros. Dóenme as mans, as pernas e os cadrís como se fixera algo importante. 350 paus despois, cando xa estou pra acabar e o sol vai marchando veloz, ergo a cabeza e vexo todo o circuíto, sinalado coas fitiñas de deportegalego a abanearen ao vento. A paraxe é desoladora, practicamente sen árbores, e pódese seguir o percorrido moi doadamente. O bruar do vento nas fitas é impresionante, como un esteo na calma.
O olor da camposa, o ruído, o solpor e, sobre todo, o esforzo físico, excítanme por sorpresa. Xusto nese momento chégame unha mensa de Xastriño, que me pide cita ao pé da N525: cruzo o país pra recibir a súa forza na gabia dunha pista rural. Sinto os músculos desapareceren.