Arquivo de tags

again

As follas enlamadas, os faisáns, a luz deitada dos días, o frío nas maus, os negróns de facer esgrima, os novos clientes… damn it, a isto creo que se lle chama outono.

oz

Velaí por que amo este país: despois do vendaval desta mañá, o carril bici era un perfecto e lamacento camiño de follas amarelas.

feluxe

Hoxe, cando ía devolver un libro sobre compostaxe á biblioteca municipal, os tellados de vilamarple estaban cubertos de desenfeluxadores. E volveume a punzar o tempo.
É isto a melancolía?

reflectantes

Van pasando as horas e mais os días. A un almorzo séguelle outro, e logo de chover e ventar durante toda a noite, contra o mediodía, por exemplo, abre o sol. Os veciños fan obra no xardín, ou recóllense, e o mundial de rugbi continúase xogándose en aberto. E entre esas todas constatacións, unha, a máis terrible de todas: xa non é posible saír de casa sen as lámpadas da bicicleta.
Si, o outono xa está aquí.