Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Barcelona

Arquivo de tags

diversos

Diversos son os homes e diversas as falas, pero conviñeron todos nun mesmo conxunto de poeiras, humidade e beirarrúas levantadas. A cidade mediterránea, que se chama lisboa cando se arruína cara ao oeste ou real-atenas cando toma café frappé, adquire tamén moitos outros nomes nas fases intermedias. Así é tamén Rastalona. Desta vez a viaxe esténdese dende o oeste (en realidade o sur) ata o leste (en realidade o norte), e todo é un continuo de infinitas variedades de ocres, con tantos matices como constantes comúns. Nesa poeira confusa que serve de escenario pra grandes combates dos medios de transporte, combínanse as linguas, as tenduchas de envío de diñeiro, as tendas caras, as toses dos vellos emigrantes andaluces ou a extraordinaria beleza dos adolescentes, dourados e sen desbravar.
Diversos son os pobos e diversas as falas, pero conviñeron todos nunha extensa cidade mediterránea, ruidosa, fatigante, húmida, pegañenta.

anuncios

Anque os días en barcelona foron bastante apertados de traballo, quedou aínda un último salouco pra ir ver a exposición Spots electorals. Magnificamente montada, agrupada por temas e xéneros (musical, patria, catástrofe, animación…) e non polos previsíbeis apartados de espazos e épocas, dá pra botar toda unha vida buscando curiosidades, peiteando arquivos pra milleiros de tesiñas. Bótase a faltar, unicamente, unha maior contextualización dos anuncios: cal é a ideoloxía do Partido Patriota de guatemala, cal foi o resultado final nas eleccións en Novo Gales do Sur, ou así, pero incluso podemos crer que nada diso é importante agás o propio filme.
Entre as xoias e as rarezas, que hai moitas, o spot do BNG das europeas do 94, con Carlos Mella como candidato: clasificado na categoría patria, é o equivalente en vídeo a unha novela de caneiro. Non son de estrañar os resultados.

comunismo, 2

Polo que respecta á busca de fouciños nas ferraxerías de barcelona, o comunismo tamén está extinto por aquí.

raffaella

Ademais de Barataria, co que durmo en difíciles e divertidas circunstancias de espazo, suor e ruído, Barcelona é no vrao un alabaradiós de rapacetes.
Un deles é albert. Vive preto da casa, a un par de estacións de bicing de distancia. É valenciano, e traballa de camareiro ás noites pra pagar os estudos e as pequenas performances de danza contemporánea que constitúen a súa paixón. É ademais un portento físico, alto, moreno, de ollos verdes, que se move rispidamente por un pequeno cuarto de estudante que abre a un patio de luces. Cólleme, móveme, revírame, faime todo o que lle acorda co único límite das leis físicas, e finalmente vénse sobre min contraendo e dispondo os infindos músculos, traballados pola danza contemporánea, nunha mesma harmonía.
Antes aínda de despegarmos os corpos, lambidos por unha crisálida de suor e seme, penso no mal que se fode na illa e tamén lembro aquela vella canción: com’è bello far l’amore da Trieste in giù.

atormentado

Érgome pouco despois do mencer. A casa, aberta en balcóns sobre a rambla do Raval, está invadida por un ruído que non cesou en toda a noite: berros, palmas, coches, discusións, rodas de skate con mozos enriba, bebedeiras, monos, motos, papagaios… A cea, tomada en horario hispánico un pouco antes de deitármonos, aínda segue aí, pelexando.
Entre uns e outros conseguiron que todas as maléficas criaturas nacesen na miña mente: aquel asunto que deixei inacabado, aquela persoa que levo demasiado tempo sen chamar, aquel erro cometido, os problemas actuais… todos construídos en corpo e soño nunha noite calorosa de verán.

eurogames

A miña función como humilde voluntario nos eurogames de barcelona tróuxome a esta cidade, encontroume con Barataria, con Fufli, e deume algúns lixeiros momentos de tranquilidade, suor e paseos pola praia.
Pero o caos e a desorde dos xogos deportivos foron tan grandes que o milagreiro é que algo chegase a funcionar. Na miña vida vin semellante esforzo desorganizativo. Por iso, que o conxunto de voleibol de lesbianas polacas xuntase as mans no medio da pista e dese un urro antes de comezar o partido adquiría unha fermosura case relixiosa.