Arquivo de tags

breakdance

Onte sentinme un pouco plattdorf, un pouco martinpawley, ao asistir á estrea mundial de Planet B-Boy, un documental de Benson Lee sobre o mundo do breakdance aquí e acolá. O filme é bastante previsíbel: seguimento de cinco equipos durante as eliminatorias e a final do campionato mundial de break-dance. Pero nas fírgoas dunha trama que podería resultar pesada e unicamente acrobática aparecen verdadeiras historias de racismo e traballo social nos arrabaldos de parís, códigos de honra surcoreanos, éxito e desesperación adolescente ou de amor e dor pola morte dun pai: así que de cando en cando sinto as bágoas nas fazulas, mentres ao lado unha rapazota gordecha come nachos con seis tipos de mollo.
Dos planos dos torsos dos bboys non vou falar: todas as palabras son vas.