Arquivo de tags

bingueiros

Miro e remiro buscando tempo pra postear todo iso de salif keita, o sexo co brasileiro, a avoa de plattdorf, a viaxe ao porto con barataria, ou esa historia fantástica e dorosa da que fun partícipe nesta fin de semana en atenas. Pero non o hai, ou non hai forza.
Onte tiñamos a Tenente Risitas e mais eu que levar un par de caixas de preservativos a ankara. Con tal fin, xogamos (e gañamos!) o maribingo que cantou a sempre elegante e fermosa Pía de Tolomei: vinte eurazos, conducir de noite e sen lentes, uns güiscolos pra celebralo…
Aí, nesa felicidade parva de berrar bingo e bailar a música d’O barco do amor afogaron os posts posíbeis.