Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Birthday

Arquivo de tags

33

Estou coma de quince.
En capítulos anteriores… 32, 31, 30, 29

32

Coincídime esta fatídica data coa lectura da obra completa de eusebio lorenzo baleirón, máis en concreto dos seus primeiros poemas, tristes, melancólicos, roñosos na súa contemplación murcha da vida, antes de que tivese verdadeiros motivos pra vela así. E eu a ti, poeta oitenteiro, dígoche agora: inda onte limpei os vidros da sala; xa hoxe escintila neles unha arañeira ao sol da mañá, pra seguir esa perpetua e feliz cadea de mosquito, araña, ferreiriño, rapina, herba
Parte de agasallos: Barataria deixoume un pau do 7, un amigo do máis amigo deulle unha viraxe á vida, e eu concedinme un tiquet pra ir ver o fútbol mañá e outro pró mundial de ciclismo de montaña, unhas millas ao norte de aquí, o domingo.

tres

Onte fixéronse tres anos dos primeiros disparos. Ía dicir algo, porque dalgunha forma estou contento de que chegase acó este exercicio de autoaxuda, pero ao cansazo sumóuselle unha particular censura chinesa que opera de cando en cando sobre a wifi comunitaria. E calei.
Ascárida, publicamente te convoco. Que haxa novas balas depende fundamentalmente de ti.

31

Para festexar o meu ingreso na categoría dos números curmaos, decido mercar o novo computador. E flipo con tantas cousas que agora teño que repensar e resituar na vida.

despedida

Ante a inminencia do cambio de prefixo, decido despedirme da mocidade cun pequeno agasallo. Por iso sacrifico unhas horas pra ir ata atenas á procura dun rapaz extraordinario.
Xastriño ten 22 e un corpazo bloqueante de príncipe nórdico. Véndoo ninguén diría que vive nunha breve aldea da comarca carballiñesa. Pero alí caeu unha estrela e este chavaliño medrou pró deseño: agora pon as súas ideas ao servizo dunha das empresas líderes da provincia, e con ela vai de xopin a londres, ou á india mirar as plantas de produción. Quédanlle relictos da súa casa, como meter dous calzóns (un apertado, pra amarrar, e outro frouxo e de marca, pra lucir) ou un galego falado con il, maus e mércores que me sitúa no futuro.
Imos co coche ás pistas de atletismo: el vai perdendo a roupa e eu os 29. Non nos puxemos dacordo pra que o sexo fose algo máis ca incómodo, e como non era o día conformámonos con deixar bafo de tenrura contra o parabrisas.
Logo regresei pra humidtown. E mentres caían a choiva, a brétema, antony&thejohnsons e a noite outoniza por riba do meu coche e por riba de dúas luciñas vermellas á fronte, levaba as mans ao nariz: aí estaba o forte recendo dos quilómetros, da vida propia e allea, da felicidade. O recendo que busquei estes meses. O recendo que seguirei buscando.

carallo

O spam é algo certamente misterioso. O Gran Irmán envíame por el exactamente as mensaxes que necesito, cando as necesito, cunha oportunidade máxica. Por iso hoxe, día do carallo, recibo dous correos-lixo cos asuntos: ‘Nunca más soledad’ e ‘Europa por 37 euros’.
Claro que si. Póñame dúas.