Arquivo de tags

hungría

Despois de toda a discusión destes días sobre educación física e totalitarismo, vou ver o filme húngaro Liberdade, paixón, traducido non menos pomposamente a occidental como Rapaces de gloria. O filme é pavorosamente nacionalista: outubro do 56, os húngaros son esmagados polos soviéticos, momento que coincide coa semifinal olímpica de waterpolo entre a CCCP e Hungría. Se a iso lle engadimos unha historia de amor entre o mellor xogador maxiar e unha líder revolucionaria, creo que podemos imaxinar o resto, unha peli bastante previsíbel e monocorde, sen fendas pró humor. Pero, ai, como non pegar un chimpo ao ver o sangue na piscina, como non dar un bote cando Imre Nagy sae ao balcón, como non sentir nas entrañas o renxer dos tanques sobre budapest? Como non arrecender o cloro de Melbourne 56?