Arquivo de tags

As miñas dez razóns pra apoiar Río 2016…

  1. rio2016Olímpico é universal, e os Xogos nunca foron a América do Sur. Todos os outros países, xa non digo continentes, recibiron os Xogos varias veces.
  2. A candidatura é sólida, moi sólida, tecnicamente mellor valorada cá de Madrid ou a de Toquio.
  3. Se utilizamos os Xogos como ferramenta de proxección universal, Río ten moito máis ca achegar cás outras candidaturas como modelo cultural e de cidadanía, agás probablemente Toquio.
  4. A economía brasileira é de todas as catro a que ten unha maior proxección de desenvolvemento.
  5. Brasil é o quinto país por poboación do mundo.
  6. A organización suporía un motor pra todo o subcontinente e unha mellora das comunicacións entre esa parte do globo e o resto do planeta.
  7. Aínda que sempre é un problema loxístico celebrar uns Xogos no Hemisferio Sur, Río está case no ecuador, é dicir, sofre unha discreta variación estacional.
  8. Brasil demostrou unha boa competitividade nos Xogos de verán nos últimos anos: doce medallas en 2000, dez en 2004, quince en 2008… e nunha pluralidade de deportes. Porén, o número de medallas non foi tan alto como para que a organización dos Xogos non supoña un importante empurrón na súa calidade deportiva.
  9. O Río é unha sociedade multiétnica, incluso máis ca Chicago.
  10. A pesar da web, a comunicación da súa candidatura é a mellor das catro: teñen moito que ofrecerlle ao mundo.