Arquivo de tags

tuzarolandia

Foron vinte días preocupado unicamente das olimpíadas e da ausencia de Futuroscope. Pouco resto quedou no blo da visita de Henri, de Iop, da churrascada de inauguración da casa dos Koalas, de Fufli e Carolina
Para rematar este desfile de bandeiras, suor e erotismo que son as olimpíadas, leo unha entrevista a david cal na prensa española: ‘Que fai que sexas tan reservado?// Nada. Son así. É a miña personalidade e non a vou cambiar.’ En españa failles moita graza que o noso campión sexa un túzaro. Responde ao seu tópico, que tamén é o noso, ao igual que Dolores Vázquez co seu carácter galego ou o crime de Chantada.
Si. É verdá.
Pero a diferenza dos correosos fondistas españois, alcaldes populares en aldeas de 150 habitantes, o noso túzaro ten un pirsin no fuciño. E sinto orgullo desa tuzarolandia moderna que está por detrás.