Arquivo de tags

decadencia

Hai dous anos comezaba a miña ilusionante relación cos árbitros de atletismo desta terra. Afeito ao trapalleirismo da ghalleira, naquela altura este eficiente grupo de velloucáns parecíame unha maquinaria perfecta. Pero foron mudando as cousas: o sábado estabamos na mesma fantástica pista de glaspop, si, pero eramos xa moi poucos árbitros, descoordinados e zoupóns.
As razóns desta decadencia son moitas. A pelexa entre a avoa Pat e a avoa Francis, motivada por un “o meu neto é mellor có teu”, por exemplo, foi crucial. Tamén o foi seguramente a desaparición física dos máis vellos, puntual e constante, e mais algunhas decisións federativas de calendario e planificación.
Pero o peor sen dúbida é o cancro de ósos que afecta o vello John, dalgún xeito o líder de toda esta tropa. John é un home tirando a desagradable e túzaro, pero que foi capaz de manternos engraxados nos últimos anos a base de presenza, planificación e correos electrónicos. Traballador e ecuánime, ten unha sensatez e unha visión xeral infrecuente entre a xente da súa idade. Agora coa enfermidade, os correos rarean, os horarios planifícanse con poucos días, hai meses que non o vexo, a cohesión fende e cunde o abatemento.
Todos asistimos ao avanzar do cancro na cadeira de John sen facer realmente nada, como se a enfermidade tamén nos afectase ao resto como organización, como se ventásemos tamén a morte dos árbitros escoceses tal e como os coñecemos.

incisións

Vou a Auria de relampo, a ver o sete que lle fixeron ao probe de Baia. Pra quitarlle un fibrosarcoma escarváronlle unha costura de 23 puntos ao longo do lombo. Véselle ben.
Recibo mensa de Ferre, e déixame preocupado. O koala anda tamén ensarillado nun cristo gordo, entre política e narcotráfico.
Iopanda regálame un catálogo de arquitectura viguesa. Oh!
Tamén recibo correos de Peke, que discutimos sobre qué paxaro me acae mellor. Fran Alonso dime que si, que meterá comments.
Peke, Caimán e Sarabaras solicitan os meus servizos de bloparteiro. Teño que ordenarme.
Leo un blo marabidikal, como sempre, e contemplo asustado o rebumbio que produce tamén na bloguesfera o debate normativo. Ela busca isoloargumentos. Eu búscoos pra non exiliarme esta tarde mesmo. Como sigo lendo ébano, a nostalxia de áfrica faise imensa.