Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » car

Arquivo de tags

atrapados

O plan era ir ver Huntly. Eu tiña que facer un traballiño aló, e podiamos aproveitar o sábado pra pasear e ver mundo. Cando chegamos á vila logo de máis de tres horas de condución, descubrimos que en Huntly xa estiveramos e non o lembrabamos, e tamén que todo estaba perfectamente nevado como agoiraran as predicións. As dúas ducias de casas de Huntly, as dúas rúas, a praciña onde cruzan e o camiño que baixa cara ao castelo, estaban correctamente nevados. Sen estridencias nin disrupcións. Só cunha lambida de frío. Fixen o que tiña que faguer e Barataria e mais eu puxemos proa cara á casa. Xa non quedaba moito prá noite, e había que ir bulindo.
Como o camiño de volta pola estrada principal, que caía ata aberdeen e logo seguía pola costa, xa o coñeciamos da ida, optamos por coller unha comarcal entre as montañas: era menos distancia e íanos meter por paisaxes verdadeiramente nevadas, que nese momento da tarde brillaban ao sol e ao relente. Así guiamos unhas dez millas, por unha estrada cómoda e retorcida, escoltada de murallas de neve nas gabias. Pero nunha revolta do camiño todo mudou: a neve cubría xa todo o firme, as rodas comezaban a esvarar, e no horizonte, aló por onde tería que coarse a nosa estradiña entre as montañas, había un gran folerpón que se estendía dende o ceo ata o chan, sen fronteiras, sen fendas, sen visibilidade. A mellor opción era sen dúbida dar volta, pero virar na entrada costenta dun camiño foi sen dúbida a peor. O cochiño entrar entrou, pero non quería saír. Había unha cuarta de neve e lama, e esvaraba marcha atrás. Comecei a viralo pouco e pouco, pra tentar saír de fronte, e supoño que nunha desas manobras empezamos a berrar. O coche non saía, a noite achegábase, cada vez nevaba máis e había moito que non pasaba ningún vehículo pola estrada. Máis aceleróns, máis primeira, pero o coche esvaraba e esvaraba sen control. Dinlle ferro a fondo e puiden achegalo, pero aínda quedaba un metro, o máis costento e enlamado, que non dabamos resolto. Mans á neve, comezamos a escavar unhas rodeiras. Tiñamos o tempo en contra porque a neve caía case tan rápido como nós a sacala, pero ao final, pisándolle a tope, o coche choutou de novo ao asfalto.
De camiño, mentres descorriamos as dez millas ata huntly e mentres tentaba manter o coche polo medio da estrada e non envorcalo nunha gabia, tentaba lembrar unha cousa desas fundamentais da vida: nestes casos é mellor arrincar en segunda, verdade? Prégase confirmación ou rexeite.

despedida 2: lola

A lola puxémoslle lola pola defunta tía do meu pai. Gustounos lola. Era un 206 azul ducados, diésel, sen aire acondicionado.
Lola foi lola camiño de liubliana, no zoo de berlín, no gughenheim, en lisboa, en sevilla, en negreira, en barcelona ou en valencia. Nun momento dixen: “a partir de agora sexo, vida e quilómetros”, pero a vida e o sexo foron só outra forma de chamarlles aos quilómetros. E lola viunos todos.
Lola, marcando 183.589, quedou aparcada hoxe definitivamente na porta do concesionario onde a adoptáramos hai catro anos e medio. Durante un tempo, a combinación 5772BTP roerame na tristura coma as animalias.

mencer

A organización dispuxo que era boa idea erguernos ás cinco pra ir ver o mencer dende o curuto do monte Ghronos, o deus do tempo que vixía a antiga vila sagrada de olimpia.
Aínda non espertaran as aciñeiras bicudas, nin os piñeiros, nin se levantara a poeira que ergue o día. Estabamos en marcha, en recua, pola estrada. Axiña se nos engadiu un cadelo canela, correndo adiante e atrás pola beira, entre as pernas nosas, sacando o fuciño polas adelfas. Logo do primeiro quilómetro viramos á dereita, apartándonos da estrada pra iniciar as primeiras ramplas.
Coa vista posta no camiño costento, e á espera da alba, sentimos un blast ás costas, e logo un ai, ai, ai… ai, ai… ai. E finalmente un ai.
A alba é sempre a hora máis tráxica.

liberación

Acabo de ler ‘A inocencia do padre Brown’ e decido liberalo, para ser aínda máis moderno. Agora teño que buscar un sitio axeitado. Non sei se deixalo ao azar, ou acudir directamente a lugares viaxeiros: estación de trens (cool), estación de buses (cutre), peaxe da A9 (insólito)… Terei que aproveitar antes de que veñan as choivas.
Como Manologago fala do seu megán, non podo evitar dicir que levei a Lola ao médico, a que lle miren un olliño. Afortunadamente goza de boa saúde e 70.000 quilómetros de coñecemento.
Ah, outra estreliña blogueira: Istmo. A ver se Todonada ten guevos agora para dicir que é outra vaca no blogmillo. Agardo impaciente a bloquedada do 3 de xaneiro.