Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » cars

Arquivo de tags

coches

Xa está ben de libros vellos: falemos de cousas importantes. Esta fin de semana tocoume na lotaría do alugueiro un peugeot 207 negro, brillante, con pouquiñas millas na carrocería. Con el fixen quilómetros arriba e abaixo, con el derrapei na neve, funme contra a xiada e arrodeei tres ou catro centos de rotondas. E despois diso, mantéñome: o 207, a versión actualizada daquel 206 azul ducados co que forxei milleiros de memorias nas gabias do mundo, segue a ser un coche insuperable, supersilencioso, megasinxelo de guiar e mazocómodo. Un pouco máis deportivo ca aquel 206 diésel das avoas, si, pero igual de torpe cando se trata de desembafar a xanela do piloto, que embafa máis rápido ca touriño a dicir esdrúxulas.

coche

Quizais porque viña de percorrer unhas cantas millas en bici, porque levaba unha molladura que nindiola, porque atopara un macho de faisán agardando pola morte (coas patas rotas) nunha gabia, porque mercara un púdin de nadal e uns filetes de xarda afumada no tesco de dunblane ou simplemente porque era sábado, aquela chinesa dirixiuse a min e preguntoume se me interesaba un bmw de segunda man por 200 libras. Como tiña pinta de case todo menos de traficante de coches de luxo, e como xa escoitara falar dos baixos prezos dos automóbiles acó, díxenlle que quizais. E quedamos pra ver o coche.
Un par de horas despois aparéceme na casa. Ao carón hai un bmw de quince anos, coa chapa algo enferruxada, e de polo menos 6 metros de eslora. Naquel tempo era un bo coche. Ábrese a porta e baixa un home de aspecto de tonel escocés que me superaba en todas as dimensións, e con cara de poucos amigos: pero a miña exclamación sobre o tamaño xa lles explicou todo: só atrás, tralo bafo das xanelas, un número indeterminado de nenos chineses seguía xogando como se non pasase nada, seguros de que aquilo era o seu coche.