Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » cats

Arquivo de tags

pequena biografía dunha gata chamada ulises

Ulises naceu como unha bóla peluda e negra na primeira semana de decembro de 1993. Xa dende o principio tivo un felino traballo: darme coidados, durmir comigo e acompañarme nos estudos; foron semanas moi duras, e ela mudounas pra sempre. Foi despois o tempo de aprender a bicarme e a fuxir da aspiradora.
Un día voou atrás dunha pomba e seis pisos: a pesar do shock e de perder un dente, seguía ousándose polo tendal en canto alguén deixaba unha porta ou unha fiestra mal pechada. Tamén un día, imperceptible pra ela, decidiu durmir dentro dun caixón mentres o mundo se revolucionaba á súa procura, tranquilamente.
A xente cría que estaba embarazada, pero era só un problema de perspectiva de bandullo. Tamén había quen a compadecía por ser un pouco lela, pero tratábase unicamente de bondade. Durante trece anos seguiu durmindo comigo (algunhas noites), mirándome atentamente prós ferretes como se estivese anotando algo (parellas, posicións, ritmos…), e chimpando coa papeleira de metal pra que me erguese a darlle o almorzo. E estareille agradecido todos os días da miña vida.
Defendía o seu escaso territorio dos cans dos amigos tatuándolles os fuciños, pero da xente non se importaba: sempre amable e xenerosa nos aloumiños cando cadraba de estar esperta. Pasaba os vraos cos avós, e nos invernos gustáballe durmir embaixo dos radiadores e sobre as tuberías da calefacción, porque o bo da vida é a calor. Ás noites, cando lle apetecía, cantaba e botábase ás carreiras pola casa, dunha punta á outra, contaxiándolle enerxía ao universo.
Trece anos despois, logo duns días difíciles en loita consigo mesma, decidiu descansar e non mirar máis pola fiestra. O veterinario axudou a que fose apraciblemente. Eu gardo o recendo do seu pelo na memoria. As camas, as esquinas, os sofás e os flexos, a súa ausencia.

vésperas

Todos dalgunha maneira sabemos o que lle pasa.
Non come, non bebe. Déixase ir.
Son as últimas horas de ulises. Por sorte pra min, estou con ela.

incisións

Vou a Auria de relampo, a ver o sete que lle fixeron ao probe de Baia. Pra quitarlle un fibrosarcoma escarváronlle unha costura de 23 puntos ao longo do lombo. Véselle ben.
Recibo mensa de Ferre, e déixame preocupado. O koala anda tamén ensarillado nun cristo gordo, entre política e narcotráfico.
Iopanda regálame un catálogo de arquitectura viguesa. Oh!
Tamén recibo correos de Peke, que discutimos sobre qué paxaro me acae mellor. Fran Alonso dime que si, que meterá comments.
Peke, Caimán e Sarabaras solicitan os meus servizos de bloparteiro. Teño que ordenarme.
Leo un blo marabidikal, como sempre, e contemplo asustado o rebumbio que produce tamén na bloguesfera o debate normativo. Ela busca isoloargumentos. Eu búscoos pra non exiliarme esta tarde mesmo. Como sigo lendo ébano, a nostalxia de áfrica faise imensa.