Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Cesare’s laws

Arquivo de tags

seis

John é un fraquiño e piroludo mestre de primaria, guapérrimo, co cabeliño á fódase, pero que só é fermoso na primeira media hora, mentres garda un tímido silencio. A ex-primeiroministro, unha especie de trebello de ximnasio cunha soa posición, xa o coñecemos. George é un gordechiño maleducado e egoísta, dos que cando apañan unha pirola non a soltan máis. Mark é o rapaz que me fixo o convite, un inglés de pel grimenta que fode algo sobreactuado, pero fode, e que tamén coñecemos xa. Anthony é o anfitrión, outro trebello de ximnasio cunha soa posición (distinta, iso si), e que cre que poñer Mariah Carey a todo volume resulta excitante. O sexto desa movidola son eu.
Despois dunha hora cumprida de bebedela e logo de que Ex-primeiroministro gomitase o alcol irlandés de 90º que todos tomaron non sei por que razón, empezou a acción: o anfitrión, procurando non despeitearse, confinounos a un sofá de dúas prazas e media que viña obviamente algo estreito. Pero unha orxía con dous mobles, un egoísta e mariahcarey está condenada ao fracaso, anque o sofá medise dez iardas de eslora. E o fracaso leva a fallos eréctiles, condóns polos corredores e póperes a tutiplén: cando marchei lembrando o chiste do portugués, quedaban catro homes espidos falando e tomando café na mesa da cociña. Confírmanse as seguintes leis:

  • a primeira lei de Cesare: os números pares (neste caso o 6), son un auténtico desastre.
  • a primeira lei de Henri, tamén chamada terceira lei de Cesare: nesta illa non hai quen foda ben.

poppers

poppersCando aínda Iop e DjSu estaban rematando a súa presentación na empresa prá que traballo, recibo unhas chamadas e mensaxes de Barataria. Ante tanta emerxencia, despídome e acudo rapidamente, dándolle a todo o que me dan os folgos e as pernas nas tres millas de bici. Ao chegar á casa atopo dous homazos, amais de Barataria. Un é tony, o preto das bermudas, a quen despois de tantas veces xa lle imos collendo cariño, malia o seu laconismo de museo ou precisamente por el. O outro é un pequeno mozote da comarca, forte, algo calvo, pero que así ao primeiro golpe non ten mal ningún.
Logo dos intercambios verbais de cortesía, despímonos e poñémonos ao choio. Cando non levamos nin un minuto a lambela, o calvo desconéctase da pirolaza de tony pra aspirar vapor dun bote. É un vasodilatador que fai que os orgasmos cheguen máis intensos e, ao que se viu neste caso, máis rápidos. Un par de voltas despois, o tipo xa se estaba correndo enriba do pobre tony. Nós despois seguimos pacientemente ao noso, mentres o calviño aspiraba a cada pouco do bote, e fregaba na pirola a ver se se lle envarillaba, e corría á sala pra chamar por teléfono, e volvía, e chamaba, e mandaba un sms, e aspiraba e…
Nós puxemos o que quedaba da nosa profesionalidade ao servizo de Tony, pero nin así. Era difícil concentrarse co correcamiños ao pé da cama. Insiste a primeira lei de Cesare: catro é o peor dos números.

lei de cesare, 2

Nun segundiño que me podo conectar amaño algo de sexo en formato rápido. El, que é de Salvador de Baía, non ten onde quedar, e eu obviamente tampouco. A pesar do que leva chovido nas últimas horas aproveitamos o luscofusco pra subirnos ata un muro ao pé da igrexa da alameda de humidtown. Alí, apoiando o cu contra un muriño húmido de chuvisca e probablemente mexo, ensaiamos un par de exercicios rústicos en completo silencio e incomodidade. E como xa non é o primeiro nin o sexto ferrete que meto con brasileiros, atrévome a formular a segunda lei de cesare.

Todo brasileiro pertence con respecto a foder a un destes dous grandes grupos: os individuos do grupo A déitanse coas mans detrás da cabeza a agardar que fagas algo, e os individuos do grupo B antes de que te decates colleron posición detrás de ti pra pinzarcha. En calquera dos dous casos o ferrete é un completo desastre.

Disto podería derivarse que, ou ben os gais brasileiros só foden ben en situacións climatolóxicas axeitadas, ou ben teñen unha sona excesiva, ou ben o azar e a lusofonía están conxurados na miña contra. Que todo pode ser. Este de hoxe, biólogo molecular parado e sosainas, pertencía ao grupo A.

matrimonios

Mandounos mensaxe tony, o rapaciño das bermudas. Quere vir meter un ferrete e de paso traer o mozo. Como sempre, é el quen fixa as regras, desta vez máis restrinxidas ca nunca porque seique o mozo élle moi tímido: agora non a podemos nin lamber. Movidos máis pola curiosidade ca polo pracer dicímoslle que si, que veñan, e aparecen tony e mais kenneth, que resulta ser outro mozo preto das bermudas, fermoso mais non estratosférico como tony, lixeirísimamente gordecho e piroliñas. O resultado foi un dos ferretes máis longos e aborrecidos dos que teño lembranza, salvado unicamente por Barataria e pola mirada cómplice de tony, cando se levantaba ao outro lado dos corpos como dicindo “qué lle queres, eu tampouco sei como levo catro anos con el”. Como conclusión, dúas das regras básicas do foder saíron reforzadas:

  1. Ou 3 ou 5. Guerra aos números pares.
  2. Nunca dúas veces é o dobre.

Eles quedaron de volver, e nós debatemos algo no post-ferrete. Queremos repetir tal tedio? Como sempre, Barataria crava a resposta: alguén terá que salvar o seu matrimonio. Abofé.