Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » CGAC

Arquivo de tags

arquitectura

Nun momento antes de zamparme un sanduiche de xamón, queixo e tomate, paro a ver as exposicións do cgac. Unha, a enésima que completo sobre peregrinacións e o Camiño de Santiago, ten un par de pezas paveras nunha tónica xeral de insulseza. Con outra, a de carme nogueira, boto a cavilar un gran pedazo buscándolle o sentido, pero ríndome ante a clara insustancia dos encofrados. Finalmente, a gorda, a exposición seria, é unha tomadura de pelo. O amplo catálogo da arquitectura galega dos últimos vinte anos é moito menos ca un catálogo: un milleiro de fotos sen asinar, ou planos, ou maquetas, arrombadas nun espazo reducido sen ningunha explicación, sen ningún contexto, sen ningún propósito pra alén da cantidade. De cando en cando, algunhas facianas descoñecidas falan dentro de televisións sobre determinadas cousas prás que non hai tempo, prás que non hai espazo, prás que non hai xeito ningún. Así que cando o único que se nos amosa é a cantidade, unha posíbel conclusión é que nos últimos vinte anos se fixeron máis polideportivos ca vivendas. Algo absurdo pra unha mostra absurda e a un nivel certamente subterráneo: a miña preocupación sobre o cgac vai en aumento.

dispor/expor

Na efémera pausa entre dúas choivas, baixo da estación de buses ao cgac, a ver qué botan. Teño pra min que hai unha diferenza entre unha exposición e un almacén, ademais da vontade, e as pezas de xavier toubes, algunhas delas ben xeitosas, dispóñense ao chou, sen moito máis criterio aparente có de “teño por aquí unhas obriñas…”. Aínda peor é unha especie de colectánea sobre a ribeira sacra (!), da que esquezo todo rapidamente, seguramente axudado por un programa de man que non consigo traducir ao meu idioma.
Finalmente, nos sotos, hai uns vídeos e unhas proxeccións sobre a putrefacción da carne, de ignacio pardo. As moscas zunindo, por moito que a execución sexa algo tosca, lévanme ao que estaba buscando, ademais de acubillarme ante a choiva: alguén tivo unha idea, e tentou transmitila.
Horas máis tardes, comentando a xogada, alguén me encarreira: o cgac é un barco ao pairo. Así semella.

arte

Entre os moitos despropósitos de irreal intauto non foi o menor o de propoñerme que fixera crítica de arte pra un xornal. Nunca souben se ía en serio ou en chanza namais, pero certamente de arte non teño nin idea. Vou ás exposicións cando lle cadra, e quedo case sempre bloqueado á hora de encadear palabras e reaccións. Ben, o certo é que a maior parte das veces non hai reaccións.
Nestes últimos días fun ver varias cousas: xesús vázquez sorprendeume moitísimo porque non agardaba nada del. A serie de batallas, con nomes de cidades tatuados do revés sobre grandes lenzos sobrecargados de vida, foi fantástica. Pero entroume a présa e acabei cedo na de Roman Signer, unha especie de provocador que só nalgunhas ocasións contadas inventa algo con humor. O sábado, con Barataria, fomos ao Marco pra ver unha temática ao redor do momento suspendido. Estes cortes nesgados na arte están ben, pero neste caso as pezas elixidas acho que non tanto.
Cando marchabamos, o novo director do museo, co que comparto algúns fragmentos de pasado, estaba mirando a exposición cos brazos en asa, como medindo algo. No piso de embaixo, unha gavilla de grafiteiros guindaban esprai con bastante arte e pobre resultado contra os muros brancos da institución.
Ante todo aquel espectáculo de fotos, persoas, carreiras e expresións, crimos que era boa idea ir cear.

este non é vik muniz

Vik Muniz, MedusaComo Itopo fala marabillas dela, e como cría lembrar que Todo Nada tamén, fun ver a expo de Vik Muniz no CGAC. A primeira impresión foi tépeda. Non aprezo máis mérito en pintar unha lloconda con crema de manises e marmelada de amorodo ca facer en cacheiras a tortilla máis grande do mundo. Non entendo que se valore a calidade da execución na arte: está ben pró fútbol, e nin case. Lembroume Muniz a magritte. Isto non é unha mazá. Jajano, enserio, diría the real zapatero. Que queda trala irreverenza?
Despois vexo un extraordinario docu sobre muniz, moi ben feitiño. Narra el estrañas historias sobre ósos en desertos e nenos pretos de zucre. Cólleselle gusto. E resulta tan divertido cando lle fai chanzas á avoa sobre a idade, que sae un de alí á carreira, feliz, reconfortado na arte e na ponte aérea Chicago-San Paulo.
Son un pouco frívolo, acho. A web de muniz é marabillosa, pero como é flax, quedan sen ligar os nenos de zucre e a medusa de amallós á boloñesa.