Arquivo de tags

chaplin

Despois de ver unha exposición fantástica e algo insulsa no museo olímpico de lausanne, viro un par de rúas e acabo nunha mostra bárbara, bárbara de verdade, sobre charles chaplin. Filmes e carteis, pero sobre todo fotografías, nuns paneis bastante ben explicados sobre este maghísimo señor e mellor pallaso.
Fóra está a tranquilidade de lausanne, as súas pendentes. Tamén guilherme, a quen coñecín en olimpia e que aquí traballa de almacenista de folletos do museo olímpico. Así que saio ao xardín, miro pró lago entre os pacegos hoteis, e penso que se non dou chegado a ser chofer de kofi annan porque se retire antes, quizais tamén me poida valer jacques rogge. Poño a cabeza a soñar e érgome cedo, almorzo un pouco de café cunhas torradas e manteiga, e collo o coche: mesié rogge agarda por min nunha casa dos arrabaldos de lausanne; teño que levalo ao aeroporto.