Arquivo de tags

Marcha 5Line un día destes para Andorra, a traballar nunha estación de esquí. Non podo ligarlle dende aquí porque non sei sequera como se chama a estación. Esta noite estivo na casa, saímos ao cine e tomamos unhas cervexas. Coñecín amigos del. Di Chesterton: Non hai nada comparábel a coñecer un home, anque sexa só durante dúas horas.

Podo dicir agora, antes de que marche cara á neve nun C2 de seu pai, que a 5Line o coñecín, e que foi realmente incomparábel. Ao longo de 4 meses de encontros aquí e acolá fomos trazando un cariño de baldosas amarelas moi simpático.

Unha pista: este pode ser un bo lugar para patinar, quizais tan bo como París.

Chesterton

Falei de Chesterton, pero aínda non abondo. Esta foto chámase O agasallo do mexacán, que como ben sabedes é unha floriña. Di Jacarezinho que Chesterton ten moitas fotos rideiro, con nenos. Máis sabe o xacaré por vello ca por caimán.

Dixen que falaría de Chesterton, e hoxe veño cun papeliño que anotei na casa da súa ‘Autobiografía’: Esas son as parvadas que me veñen á memoria, pois creo que a vida auténtica dunha persoa debería estar feita desas cousas. Pero resulta moi difícil escribir a vida auténtica de calquera, e como xa fracasei nun par de ocasións ao tentar facelo doutras persoas, non teño moitas espranzas de que saiba facelo realmente coa miña.

Pois iso.