Arquivo de tags

amizade

Acabo de ler nun plisplás un libro, blúmsdei, dun autor que ata hoxe tiña en grande estima, cid cabido.
Blúmsdei é unha especie de narración, inzada de lugares comúns, tristes tópicos nacionalistas e tacos, que debe querer provocar (?) unha ducia de anos despois de que susodetoro fixera algo semellante pro millor. Defínese ben cando se retrata como escritor do século pasado, novelista non só anterior senón incluso contrario a internet, pero mentres tanto pasamos páxinas e páxinas sen substancia agardando a que a personaxe feminina se rebele e o mate. Ou algo.
Ademais, hai xa tempo que deixaron de facerme graza os chistes e burlas machistas e homófobas. Quizais á xente desa idade aínda lla fagan.

sen min

Reapreixo a miña vida sen min nos últimos pases, cando o mundo debe estar cheo de blos sobre dela. Ata o universo dividí, pois actúa sobre nós o gap das provincias. 12Uvas xa a vira, e díxome que era moi triste. Sen embargo, é o filme máis feliz que vin nunca. Seguro que aos popes da cinematografía lles parece frouxa, pouco densa. Pareceume arrebatadora. Saín con ollos húmidos e ganas de namorar, de correr, de fliparme. Está feitiña con diálogos absurdos e perfectos como vivir, unha dobraxe informal, unha ruló máxica e unha canción, Senza fine, que se baila no supermercado mentres voan caixas de galletas, xeado e flocos de millo.

Non podo falar así de fálame sempre. Agardaba eu polo novo book de cid cabido como por auga de maio, e ao cabo custoume acabalo. É tan insubstancial que coloca continuamente nese punto de despegue cando renuncias a acabar esa páxina e pasas á seguinte, á procura do óso do caldo. Ou do fideo, vaia. Non sei qué pensará cabrafanada de todo isto, hehe.