Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56
As túas balas » come back

Arquivo de tags

repatriación, 2

O peor de todo foi a conversa con Barataria. Sorprendentemente il quere ir prá descoñecida ghalleira, que imaxina como un paraíso de recursos laborais, lonxe desta terra que lle deu seis traballos en catro meses, anque fosen na hostalaría. Unhas cousas levaron a outras e acabamos na eterna discusión sobre o ir e o volver, ata descubrir que a persoa coa que me deito e a quen lla zugo é un apaixonado de volver, do vrao, do café con xeo e de andar en chanclas. E claro, ese discurso automático que lle boto a amigos e alleos sobre a vida e sobre que a miña discoteca me necesita, pero fóra, esborróaseme diante dil e das súas morriñas da granvía.
A vida deume unha oportunidade pra traballar neste país do friquismo institucionalizado, pra saír daquilo e pra acabar cos meus ósos nun despacho de lausanne ou depelicando peixe nos peiraos de lagos, como soñaba un rapaz de dez anos cando viraba e viraba e viraba a esfera que lle regalara a avoa purita. Entre o remuíño desa esfera, situada agora na base do esófago, e unha boa presada de billetes e retos profesionais na AP9, decidinme pola esfera.
Agora veñen os deberes: sacarlle proveito a isto, poñer candeas a santo antón pra que o meu Barataria non canse demasiado cedo, zugarlla máis e mellor, facerlle ceas máis gorentosas, adiar a toda costa o momento de elixir entre o remuíño e il. E despois, un día, escoller.

repatriación

De súpeto, nunha mañá parva de sol e bicicleta polas agras que arrodean vilamarple, ofrécenme un traballo. De feito, é un dos mellores traballos que podería desexar, cun só inconveniente: debería ir vivir á ghalleira, á mellor parte da ghalleira, si, pero debería abandonar estes prados, ríos e arboredas nos que agora me sinto tan a gusto.
Teño 16 horas pra decidirme. O gps vírame a mil por hora.

ir/volver

Sen demasiado tempo pra respirar, dentro dunhas horiñas apañarei un tren, logo un bus, logo un avión, logo un metro e logo un tren para chegar á casa de Itopo en Ciudad Ajo. E despois, un tren e un coche pra ir a humidtown ou atenas, iso aínda non o sei.
Onte, mentres viñamos de ver unha peli algo relambida sobre a fabricación de hamburguesas (tamén pode ser que fose xenial e que eu non entendese nada), falabamos diso Barataria e mais eu: a que imos aló? non poderiamos mellor aproveitar os cartos e marchar de vacacións a chipre? pero non: desta volta, e por tres semanas, andarei algo en bici, irei á praia e visitarei os amigos, a ver se me están coidando ben o país. Aínda que isto último non sei ben se me interesa, canto e pra que.