Deprecated: Assigning the return value of new by reference is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 520

Deprecated: Assigning the return value of new by reference is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 535

Deprecated: Assigning the return value of new by reference is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 542

Deprecated: Assigning the return value of new by reference is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 578

Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Page::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/classes.php on line 1199

Strict Standards: Declaration of Walker_Page::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/classes.php on line 1199

Strict Standards: Declaration of Walker_Page::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/classes.php on line 1199

Strict Standards: Declaration of Walker_Page::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/classes.php on line 1199

Strict Standards: Declaration of Walker_PageDropdown::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/classes.php on line 1244

Strict Standards: Declaration of Walker_Category::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/classes.php on line 1391

Strict Standards: Declaration of Walker_Category::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/classes.php on line 1391

Strict Standards: Declaration of Walker_Category::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/classes.php on line 1391

Strict Standards: Declaration of Walker_Category::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/classes.php on line 1391

Strict Standards: Declaration of Walker_CategoryDropdown::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/classes.php on line 1442

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class wpdb in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/wp-db.php on line 306

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class WP_Object_Cache in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/cache.php on line 431

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class WP_Dependencies in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/class.wp-dependencies.php on line 31

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class WP_Http in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/http.php on line 61

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:520) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:520) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » comic

Arquivo de tags

actualización

Vou á Biblioteca Nacional (de españa) pra facer unha pescuda bibliográfica. Aquela xoia recuperada por Brétemas picoume na gana de coñecer e quería consultar a colección enteira de Pepe el Hincha, saber qué outro tipo de tópicos nacionais empregaba ou como de insistente era na galeguidade da chacha. Era a única mañá que tería dispoñíbel en moitos meses, así que me erguín cedo en Parque Temático Cervantes e baixei cara a Ciudad-Ajo: amencía sobre as cabezas dos emigrantes que me acompañaban no tren e sobre as naves dos transportistas. Antes da hora estaba xa na porta do amplísimo edificio, coa miña maleta lista pra facer a viaxe de volta a chucheland unhas horas máis tarde. Pasei un, dous, tres, catro controis de seguridade onde só me faltou espirme e por fin cheguei a cubrir a miña fichiña rosa pra consultar o Tío Vivo de entre 1961 e 1964. Cando lle entrego a solicitude á bibliotecaria, esta respóndeme que non pode ser, que a revista non está alí senón, diaños, na sede da biblioteca en Parque Temático Cervantes. Eu dígolle que ten que haber un erro, porque no catálogo informatizado que pode consultar o público se di claramente que se conserva alí, no edificio principal, e non no outro. Ela mira pró aire e, sen pedirme desculpas, sentencia: ej que s’han olvidao de actualizarlo.
Uns minutos despois estou na porta da biblioteca nacional, enriba da grande escalinata, entre as xigantescas estatuas de nebrija e afonso x. Ao meu carón teño unha maleta azul, coas rodas medio avariadas. Diante unha frenética cidade capital e unha mañá baleira.

heteros

Unha novela gráfica de heteros e que acaba ben. Hai uns anos sería difícil imaxinar que o Diván da psicóloga é obra de Ralf König, agás polos debuxos de narizotas e pirolas. En realidade, ten bastantes máis semellanzas das que parece a primeira vista e inclúe todas as frases e tópicos que lembran as súas obras anteriores. A trama é simpleira, si, e inclúe demasiados fíos mortos, pero os diálogos e os personaxes medran en complexidade (quizais por seren heteros) e inclúe importante información sociolingüística que faría as delicias da Mesa pola Normalización do Fráncico. Con todo, o que me trouxera ata el, a busca da gargallada, é moito máis tenue agora, e motívaa máis a lembranza dos risos pasados cós diálogos deste Diván da psicóloga. Malia acabar ben.

Máis sobre König.

irán capital kabul

Itopo mándame de agasallo de aniversario Kabul Disco 1. Como non fun secuestrado en Afganistán, a primeira parte dunha banda deseñada-realité do francés Nicolas Wild. Conta a historia autobiográfica dun debuxante sen moito que facer que pra atopar algo marcha a afganistán a pintar en cómic a nova constitución do país: é unha peza na engrenaxe da invasión occidental, e desas parte. A primeira impresión, e a segunda, e a terceira, é que é o mesmo conto de Persépolis, pero uns milleiros de millas ao leste. Ata o grafismo, aínda que este lixeiramente máis detallado e menos contundente, é moi similar. Existen matices na relación entre levante e poñente, no papel das forzas de ocupación, ou nesa tontiña vida de burbulla que levan os occidentais no país, que o fan lixeiramente distinto, e por distinto interesante. Con todo, se en vez de ter non sei cantos volumes a triloxía tivese un só, e de cen páxinas, ben abondaba.

lecturas

O baleiro desta semana de vacacións en humidtown encheuse bastante con lecturas e actos sociais (as fotos destes últimos, na da paparazzi).
De mar de fondo seguían caendo páxinas da Montaña máxica: xa oitocentas, sen que por iso comezase a interesarme a historia do falso enfermo Hans Castorp, e sen que, menos aínda, lle atopase algún xeito a unhas discusións intelectuais claramente doutro século.
De mar de vento caeron o non demaisado ilusionante Lupus, de Frederik Peeters, o autor das pílulas azuis, o outra vez divertidísimo e deixador de pouso ‘Como fan os coellos’ de Ralf König, e un álbum español sobre un ex-policía estadounidense, que esquecerei rapidamente.
Tamén fun ver a viaxe de Ann-Sofi Soden, cabalgando nunha egua polo estado de Texas, e por dúas veces quixen ir a ‘Charlie e a fábrica de chocolate’ sen conseguilo. Escaralleime a rir diante da inescusábel videocreación de Carles Congost no CGAC, con música de Hydrogenesse e un actor principal que está pra convidar a unha merenda.
Incluso baixei un par de veces a ankara, ao salón da banda deseñada, onde a cada ano as exposicións son máis pobres e menos interesantes: alguén debería explicarnos cal é o valor de Brescia, ou de Fran Bueno, e por que facemos eses quilómetros pra ver as súas obras, e non ficar en silencio. Pero pra facer o ankarés e pasear mirando as pranchas coas mans xuntas nas costas, chega ben. Polo menos pódese ler alí a fenomenal historia de David Rubín, coa que flipei claramente, a pesar de ser o meu amigo e de recibirme cuns deliciosos bicos na boca, sabedores a tabaco. É, claro, a historia dun derrotado. Pero xa hai moitos quilómetros de derrota nos cadriños.

könig

A grande icona da banda deseñada mariquita volve sorprenderme. Foi madurecendo ao mesmo tempo que eu apousentaba a miña conciencia de clase: superada a crise da sida, as digresións culturetas, o momento crazyparty e ata as bromas de mal gusto, chegamos á mellor substancia. Neste ‘Podédesvos bicar’ a familia, o contorno social e a estabilidade entran a saco na vella parella de Paul e Konrad, e deciden casar. Hai algúns espiches homomilitantes, pero ben encaixados, e ata o final é lindo
Estou na estación de tren de ankara, agardando e lendo nel ás gargalladas. Tamén esperan canda min catro alemáns como armarios, preciosos, mochileiros, que cheiran como a bar leather. Son europa, como König ou Berlín, e penso moito nel cando leo a König.