Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » conspiracy

Arquivo de tags

dedo

Cando xa tiña unha conspiración fantástica artellada pra explicar os rarunos resultados electorais de pequenas formacións políticas, cando xa imaxinaba a axentes electorais a soldo de rubalcaba vendendo sufraxios no mercado negro… plam! vén @mourullo e derruba esta conspiración e a das Torres Xémeas cunha mesma ligazón: a da orde das candidaturas, que é por lista de chegada á oficina.
Por que o MSR saca resultados extraordinarios en Benicássim, no Irixo ou en Ordes? Miramos a lista e… chindi! xusto despois do PSOE está a candidatura do MSR. Será posible que algún factor humano se trabucase e lle asignase os votos dun partido ao que ten na cela de abaixo?
Pero… e os resultados do Pacma en San Sadurniño? O Pacma vai xusto antes do Psoe! E os resultados de Falange Española en Verín?… O Bloque, xusto despois. E os resultados de IZAN-RG na Baña? O Bloque, xusto antes. Por que saca Extremadura Unida máis votos en Madrid ca en Estremadura e é o quinto máis votado en Ávila? Quizais porque está despois có PP? E por que saca o Prepal máis votos en Barcelona ca en toda a provincia de Salamanca? Talvez porque está antes ca IU?
Que tristeza: unha conspiración máis pró carallo! Ora que, de ser verdade que os dedos temblorosos dun axente electoral causaron semellante estropicio, alguén vai ter que contar outra vez todo. Calquera parecido entre os votos emitidos e os votos contados é, neste momento, pura coincidencia.

contracoñecemento

CounterknowledgeComo xa é claro que teño as febres terzás, e que cada tres días paso dous renqueantes e o terceiro completamente na cama, aproveito pra ir lendo a bo ritmo, práctica que tiña algo enferruxada. Caeu nas últimas horas Contracoñecemento, do católico británico Damian Thompson, un moi bo manual de como funcionan os remedios máxicos, as teorías da conspiración, o creacionismo e, en xeral, a mentira disfrazada de ciencia. Áchanse en falta, noentanto, dous clásicos exemplos galegos de contracoñecemento.
Un deles é a teoría, claramente conspiratoria, de que os incendios daquel vrao estaban provocados por unha rede artellada polo PP (os impulsores foron imaxinativos e refugaron os conspiradores clásicos, Cía e extraterrestres). Había algunha proba? Non. Dos centos de detidos, algún deles estaba relacionado directa ou indirectamente co PP? Non, e mira que é difícil. Tiñan relación entre si? Non sendo que haxa unha irmandade segreda de parviños de aldea, non. Pero é que a teoría conspiratoria é decididamente máis bonita.
Outro, o equivalente do creacionismo, é o reintegracionismo. Falsifícanse fósiles, néganse evidencias, e o que é peor, todo co mesmo propósito: demostrar que a realidade é como queremos que sexa, e non como sinalan os científicos que é. O reintegracionismo parte dun principio ideolóxico claro, que adoito se nega ou se agocha: o galego sería, 900 anos despois, a mesma lingua có portugués de Lisboa, se non sufrise a bárbara colonización secular dos españois. Isto non foi cientificamente certo, pero non importa, porque a teoría creacionista é decididamente máis verdade.