Arquivo de tags

entrada-saída

Ter que renovar o pasaporte tróuxome a lembranza de por que existe este blog. Hai cinco anos, un mes antes do seu nacemento, eu estaba perfectamente conectado nun cíber dunha rúa de dakar, probablemente canso e acalorado. Foi daquela cando sentín que non necesitaba realmente dicir nada, senón buscar a saída correcta da cidade. E nesas andamos.

acra

Comezo un novo libro, un novo de kapusciñsky. Chámase Ébano, como as revistas que lían os rapaces da miña familia senegalesa. Describe a súa primeira chegada a África. Aquilo era Acra, a capital ganesa, nos tempos da independencia.
Todas as palabras son as que me gustaría escribir a min sobre Dakar: as mesmas rúas, as mesmas xentes, a mesma ollada. Quizais sexa esta ollada a típica do paisano que cae por primeira vez por alí. Éntrame nostalxia, e miro para as moreas de papeis arrombadas na miña mesa. Cal será o primeiro voo que saia pra dakar? Ou pra acra.
Por certo que en Gana naceu o meu heroe máis heroe.