Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » dance

Arquivo de tags

escenario

O momento foi algo estúpido. Pero alí estabamos os dous, deitados no medio dun escenario completamente ás escuras, alumeando coa pantalla do móbil na carta dun restaurante. El dedícase a bailar, e ten un corpo compacto e moreno, traballado nos campos de fútbol de italia e en compañías de repertorio de medio mundo. Eu, apampado, algo bochechudo, concentrábame en manter o móbil aceso e en aproveitar esa torrenteira de enerxía circulante mentres el, o único bailarín hetero a este lado do muro de hadrián, cavilaba lixeiramente na escolla dos entrantes.

voda

Por un azar estraño, acabo convidado a un evento de promoción turística escocesa que trata de convencernos das posibilidades deste país pra organizar congresos. Cóllennos nun bus e lévannos ata un hotelazo en st. andrews, onde nos reciben a lista dos campións de golf dos últimos douscentos anos e mais un mago sacándonos panos de cores das mangas. Nas vésperas tivera eu que mercar a primeira gravata da miña vida e pasar as miñas boas horas diante do youtube, aprendendo a anoala.
Malia a pomposidade, a cea resulta discreta: os meus compañeiros de mesa desfanse en loas ao insulso montado de gambas conxeladas, ou á correcta roda de solombo de vaca con delfinado de pataca e salsa de viño (a mostaza certamente era fantástica e o delfinado, seco, unha presentación nova pra min), ou a un natento mazacote con sabor a framboesa. Paran pra facer os discursos e comeza a orquestra: tres paisanos disfrazados de escoceses que tocan a guitarra, o violín e un organillo das vodas do que pendura un bandeirón escocés. Eles, que decidiron deixar medrar o pelo cando se descubriu o petróleo no mar do norte, van organizando os bailes tradicionais: póñanse agora por parellas, tres adiante tres atrás, palmada, viren collidos do brazo, etc. remexido que aproveita unha señora nos seus cincuenta pra bicarme, pero a cousa non vai a máis.
Sentados pra coller folgos entre peza e peza vexo que a comensal da miña esquerda está enchendo o bolso de doces e pasteis da cea. Miro abraiado, e escúsaseme: é prós meus rapaces. Velaí outro trazo máis do evidente sustrato celta común.

xustiza

Barataria anda a mudar de traballo neste fantástico sistema onde a mobilidade laboral beneficia o traballador tanto como ao empresario. Hai quince días estaba mallando ao mesmo tempo en tres parciais: de axudante de chef nun restaurante italiano, de axudante de limpeza nunha residencia de anciáns, e de movedor de mobles e camareiro nunha empresa de cáterin, vodas, funerais e banquetes. Pero atopou outra cousa aínda mellor (máis horas) e decidiu dicirlle abur ao italiano. O patrón encaixouno un pouco mal, porque vai pechar o negocio e xa non lle compensa coller a ninguén por esas horas, e o venres, despois de acordar con el que fose a traballar, anuncioulle xa co pucho posto que non tiña demasiadas ceas e que case mellor dese un paseo (sen gañancia).
Unha hora despois de marchar chégame á casa co beizo inferior cosido á liña das cellas. Pra desfacerlle o enfado cólloo pola lapela e lévoo a ver danza, e resúltanos unha marabilla incríbel. Programadores da ghalleira: fichen a estes sete rapaces de Justitia prás súas galas de verán. Necesitarán, iso si, un escenario algo amplo onde poida coller un decorado simple e xiratorio, tan axustado ás necesidades do guión e dos movementos que non sabería dicir qué foi antes, se o decorado ou a coreógrafa. Quizais os bailaríns non son grandes figuras do brinco ou da plasticidade (anque non hai queixa ningunha), pero o conxunto resulta dunha beleza admirábel. Con todo, o máis importante é que contan unha historia. Unha historia sobre machismo e violencia de xénero sen necesidade de presentar ollos á virulé, mulleres chorando e recortes de xornal. Pero tampouco fai falta ler a baudrillard do revés pra entendelo, nin descifrar exactamente qué significa ese desprazamento lateral de cóbado na coreografía contemporánea: sinxelo, fermoso, comunicativo. Directo. Como as bagullas que me escorregaron ao final do primeiro acto ao ver, simplemente, a disposición duns bailaríns, o xogo dos seus corpos, a distribución espacial, a composición. Directas e fermosas.