Arquivo de tags

asurancetúrix

AssurancetourixProcesando papeis atopo o dvd de Cine Clube Carlos Varela, filme dirixido, escrito e montado por Ramiro Ledo. Dixen dirixido, escrito e montado? A homenaxe a este documentalista do tempo da transición consiste basicamente en dispoñer, unha detrás doutra e sen ningún tipo de narración, cortes de manifestacións rodados por Carlos Varela, que acaba reducido ao home-que-pasaba-por-aquí. A voz en off substitúese, con moita docencia, por texto sobreimpreso, pra facer todo aínda máis áxil, óbvianse todas as oportunidades de presentar algo de contraste histórico e inclúense longuísimos discursos bastante avergoñantes. Tamén hai cousas de interese: a alocución de Telesforo Monzón, a moda nacional-popular, algúns (poucos) labregos barbeados, os planos finais de Carlos Varela cunha flor na man e, prós máis vellos, repetir unhas cantas veces “e que sería dese?“. Pero, claro, pra chegar a eses intres hai que desentullar minutos e minutos de planos lentos, baleiros e temblorosos, que describen polo demais con agudeza o fracaso do movemento bárdico antidemocrático: a pesar de sermos a voz do pobo, o pobo insiste en non facernos caso.