Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » democracy

Arquivo de tags

rarezas & paranoias

ballot-box-lAo parecer, a candidatura que o ministro-atleta converteu en voceira do independentismo violento vasco, anuncia varias denuncias de votos desaparecidos. Casa tan ben coa paranoia como coa persecución. Á luz diso, anque evidentemente non relacionado, hai quen repara nalgúns datos curiosos do reconto electoral. Eu furo algo na provincia ateniense e flipo:

  • O MSR, un partido ultradereitista afortunadamente moi minoritario, consegue 149 votos en toda a provincia. Ata aí, non é demasiado sorprendente. Hai un bo coeficiente de aleatoriedade no voto, e ata os andalucistas sacaron un pola Teixeira. O estraño é cando se miran os datos por concellos: o MSR obtén 3 votos en Ourense, 2 votos no Carballiño, un voto en trece concellos máis, 64 votos en Verín e 66 votos no Irixo. No Irixo consegue o 8% dos sufraxios, ademais, máis da metade do que sacan os socialistas e superando o Bloque. Mirado dende o outro lado, o MSR saca o 44% dos seus votos ourensáns no Irixo, o 42% en Verín, e o 14% restante, a repartir.
  • En menor proporción sucede algo así coa Falange Española en Lobios, onde obtén 43 sufraxios, o 40% dos votos na provincia. Poderiamos aducir que a Falange é un partido coñecido, e que as poucas veces que se presenta os seus simpatizantes aproveitan. Pois non. Nas anteriores europeas obtivo só 1 voto,  e nas de 1994 (no 99 non se presentou), ningún. Ningunha outra falanxe ou partido ultradereitista rañou nada nos últimos anos en Lobios.
  • Tamén pasa algo así co PACMA. É verdade que o PACMA tivo o voto moi repartido, e que en concellos grandes sacou aínda media ducia de votos. Pero no concello de Monterrei obtivo 48 sufraxios, o 22% do conseguido en toda a provincia.

Seique suceden cousas semellantes na Baña, en Ordes ou en San Sadurniño. Grallas de censo? Mans nas caixas? Erros informáticos? Azar? Debemos temer pola solta de visóns en Monterrei? Ou por un golpe de estado racista no Irixo?

antiquintanismo

A presentación das listas electorais do BNG foi un xesto terriblemente triste. En primeiro lugar, porque a presenza da sociedade civil é inexistente: todos os candidatos proceden dos órganos de goberno ou das camarillas da organización comarcal. En segundo lugar, porque a renovación é nula: repiten os mesmos que xa estaban, agás os que se puxeron fóra ou as que non resistiron o espírito purgador do lado escuro da forza, que só atende o seu embigo ou a vendetta. E en terceiro, e máis importante, porque ese sistema de conselleiros e listas que corren é, aínda que electoralmente interesante, profundamente escuro dende o punto de vista democrático: o destino do parlamento parece ser o dunha cámara de caladiños e segundeiros, un conxunto de persoas adestradas pra erguer a pata cando cómpre, e non pra facer política ou representar os cidadáns.

cracias, 2

Un home, un voto:
PSOE 151, PP 138, IU 13, CiU 11, PNV 5, UPyD 5, ERC 4, BNG 3, CC 3, NaBai 1, C.Andalucista 1, EA 1, Ciudadanos 1, PACMA 1, Verdes 1, PAR 1, ChA 1, Nueva Canarias 1, Los Verdes 1, Aralar 1, Bloc 1, Unitat per les Illes 1, e 4 asentos baleiros.
Comparen cos resultados de hai 4 anos, se queren.

demos

Pola miña sorte no reparto do mundo comparto colexio electoral cun convento de monxas. Coincido votando moitas veces con elas, porque pasan todo o día indo e vindo, transportando velliños con papeletas. Iso é o que me gusta da democracia: o voto da vella carrexada vale tanto, exactamente tanto, coma o meu, que penso e repenso durante semanas a quen votar, que coñezo os programas de homosexualidade de todos os partidos, que aprendín a biografía dos posíbeis senadores.
A vella carrexada está tan no mundo coma min, se cadra máis.

cracias

Proporcionalidade directa. Un home, un voto.
PSOE 149, PP 131, IU 17, CiU 11, ERC 8, PNV 5, BNG 3, CC 3, PA 2, ChA 1, EA 1, Na-Bai 1, Bloc 1, PSM-EN 1, Aralar 1 e 6 cadeiras baleiras.