Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » drugs

Arquivo de tags

adicción

Onte viñeron unhas visitas de Barataria e na súa ausencia tiven eu que atendelas. El é un punqui metido a cetreiro que vive nunha afastada aldea de guadalajara, e ela a súa moza enfermeira, que por un problema de pasaportes perdeu mozo, casa, gata e coche nos Estados Unidos. A conversa na precea, cea a horas intempestivas e postcea foi moi agradábel, e conseguimos atopar algunhas faíscas comúns.
Durante todo este tempo, dúas cousas foron constantes: a fumada de tabaco e a pregunta de onde podían pillar herba ou haxix. Eu estou moi apirolado nesa movida, e aínda que Barataria me mandou por correo algunhas recomendacións pra entrar no mercado negro, dubido que funcionen a tempo de eles estaren aquí. Pra combater a ansiedade, el desmonta nerviosamente os pitos dunha caixa de camel que trouxo de alá. Tíralle as frebas do tabaco, colle un papel de fumar, transfire as frebas do vello pito ao novo pachuzo, e líao. Ponlle unha boquela de cartón e acéndeo na sala onde vou durmir eu despois. É o meu placebo, sinala. E sorrí, calmado.

poppers

poppersCando aínda Iop e DjSu estaban rematando a súa presentación na empresa prá que traballo, recibo unhas chamadas e mensaxes de Barataria. Ante tanta emerxencia, despídome e acudo rapidamente, dándolle a todo o que me dan os folgos e as pernas nas tres millas de bici. Ao chegar á casa atopo dous homazos, amais de Barataria. Un é tony, o preto das bermudas, a quen despois de tantas veces xa lle imos collendo cariño, malia o seu laconismo de museo ou precisamente por el. O outro é un pequeno mozote da comarca, forte, algo calvo, pero que así ao primeiro golpe non ten mal ningún.
Logo dos intercambios verbais de cortesía, despímonos e poñémonos ao choio. Cando non levamos nin un minuto a lambela, o calvo desconéctase da pirolaza de tony pra aspirar vapor dun bote. É un vasodilatador que fai que os orgasmos cheguen máis intensos e, ao que se viu neste caso, máis rápidos. Un par de voltas despois, o tipo xa se estaba correndo enriba do pobre tony. Nós despois seguimos pacientemente ao noso, mentres o calviño aspiraba a cada pouco do bote, e fregaba na pirola a ver se se lle envarillaba, e corría á sala pra chamar por teléfono, e volvía, e chamaba, e mandaba un sms, e aspiraba e…
Nós puxemos o que quedaba da nosa profesionalidade ao servizo de Tony, pero nin así. Era difícil concentrarse co correcamiños ao pé da cama. Insiste a primeira lei de Cesare: catro é o peor dos números.

würth

Líome cun dos 3.000 comerciais que ten en España Würth, a empresa de subministros. É un mozote algo fortachón, guapísimo, de 22, dun concello do interior. Trae un galego fermoso, e unha historia de talk-show espectacular, que me debulla pouco e pouco na cama mentres nos bicamos, e despois na sala, mentres lle transmite á central os datos de subministros eléctricos dos clientes conseguidos no día. A historia rima con aborto, matrimonio e tarxetas visas a todo trapo, e acaba aparentemente feliz.

Würth ten unha particular relación coas drogas, mais xa ía avisado. Farlopeiro nalgunha medida, ofréceme aspirar unhas substancias afrodisíacas que, xura, son legais. Rexéitoas elegantemente, á espera do consello da señora Dot. Despois ofréceme quedar a durmir nunha estreita cama, ben apertadiño contra min.

Á mañá madrugo máis ca el: busco ás apalpadelas a roupa ciscada polo cuarto, pra non espertalo coa luz. Saio á rúa. Quédanme uns quilómetros de coche ata a miña casa, mentres amence. Os seus rastros na miña camiseta bríllanme máis cós faros.