Arquivo de tags

solución, 3

1. Cando os de greenpeace negan tan contundentemente a teoría conspiratoria, a min éntranme as ganas de abrazala.
2. O meu grupo ecoloxista anda argallando unhas brigadas en bicicleta polos montes de arredor de humidtown. Interesados e interesadas, manden correo (con número de teléfono).

solución, 2

Atafegado cunha diarrea severísima pero intermitente, non sei se poderei aplicar a solución-1 que me dispoñibiliza o teléfono 900 400 800.
Se teño que ficar na casa, ou máis exactamente no baño, lerei o artigo do Puma onde di que o único terrorismo que hai aquí é como o de al-qaeda: individuos illados que usan unha mesma franquía.
É dicir, non hai conspiración. E quedo máis tranquilo.
Só unhas tres preguntas antes de concentrarme en documentos sobre o linear B e a extinción da civilización micénica polo lume:
• como funciona iso da gandaría extensiva? cada galego unha vaca? e lindámolas por bertamiráns e marcón ou hai que ir ao monte-monte?
• mentres non mercamos milleiros de vacas e mentres non as facemos sagradas, que facemos coa biomasa?
• non hai maneira de chegar a un acordo comercial con noruega, de carácter urxente, para que nos manden arenques xa?