Arquivo de tags

telepatía

29458759Por un twitter perdido acabo nun concerto no Porto dun grupo do que descoñezo todo. Só vira antes un par de vídeos no youtube, pero apetecíame irme de wai e bloguealo. Ademais, sempre teño ese especie de imperativo moral que me obriga a escoitar música igual que os xogadores de fútbol se ven impelidos a ler prensa deportiva pra dicir que len algo cando lles fan esas entrevistas que procuran demostrar que non len nada. E ademais, sei que Emilio José, o cantautor de Quins, tamén irá aló e teño ganas de coñecelo.
Elas son Telepathe. A sala é un impresionante soto de lámpadas rococó. Ao meu lado está Emilio José, que leva unha pucha branca de medio lado e ten nun parking próximo un clío con espellos retrovisores para remolques. Estamos en momento fan: el dela (dunha delas), eu del. A situación é realmente moi divertida. Está buenocho-buenocho, e cultiva un calculado desleixo de artista que non é maldito, pero podería chegar a selo se lle petase. Mentres as paisanas fan un concerto flipante sen pausas e sen bises, pregúntolle pola súa vida, pola volta a España a pé facendo concertos ata que lle inchou un nocello, pola carreira que estuda e polas galeguísimas razóns de non ter adsl en Quins (enfadouse porque a adsl chegara antes ao lugar do lado).
Julieta Venegas e mais eu somos fans del. Pero ela quizais non saiba a importancia deste feito banal, e eu si.