Arquivo de tags

nota póstuma

cremationbigflamesHai tempo xa que os obxectos empezaron a solidificarse.

As sensacións fóronse amargando ou facéndose felices dunha maneira cortante, arisca. De súpeto as páxinas dos libros tiñan máis gramaxe, as bagañas vermellas dos arbustos semellaban tan duras e compactas como os seus espiños, e ata a pel deste e o cabelo daquel eran como máis vellos, como máis ríxidos e enfreitados: ao rozalos viña un intenso pracer, si, pero tamén como unha grima antiga.

Chegou ademais un momento en que me pesaron as palabras, sobre todo as que estaban por dicir. E o vello xeladeiro acusounos, con razón, de usar metáforas de segunda man.

Así que é tempo de percorrer os quilómetros que nos quedan en silencio. Algún día caducará o dominio e estas balas serán de novo o que sempre foron. Nada. Grazas.