Arquivo de tags

paranoia, 2

O noso caseiro, un fillo de emigrantes polaco-xudeus en francia e ex-soldado do exército británico, é un señoriño moi pavero. A piques de marchar de vacacións ao brasil co firme propósito de ver fútbol, o señor francis vén pola casa pra mirar o estado do teito tras a pingueira. Ademais dunha conversa relaxada e amábel, tráeme dous agasallos: un é unha postal de benvida ao novo fogar, neste país onde todo se expresa por unha postal, e outro é un destrutor de documentos. “Nunca se sabe cando os veciños poden andar a fedellar no teu lixo“, dime co seu estraño e misterioso inglés.

caos e peito

Falan os medios do caos que se espalla por londres, da tensión, dos atascos, da apocalipse. Henri, a uns douscentos quilómetros de alí, coméntame: Mira, soubémolo antes de comer, xantei con oito ingleses e non se falou do tema sequera. Eu non dixen nin palabra porque estaba mil veces máis nervioso ca eles. Polo demais, parece que London está tranquilo e despexado.
Sumémoslle a isto o que comenta o Quilombo e mais o que lembro do libro sobre o medo que serve de partida a Michael Moore en Bowling for Columbine.
O medo é a arma duns e doutros. Nós, como sempre, poñemos o peito.