Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Ferre

Arquivo de tags

inflexión

Non lle deamos máis voltas: a razón principal pola que non actualicei as balas neste longo período (o máis longo ever) foi puramente modernista: durante estas semanas non tiven habitación propia. Á visita de Ferre seguiulle inmediatamente a de Barataria, e ao día seguinte de Barataria marchar xa estaba aquí Henri. Por debaixo, ademais, continuaba o río de tristísimo traballo que fluirá ininterrompidamente ata comezos de maio.
Tamén, e pensábao hoxe mentres paseaba a soas polas brañas de embiburgo, existe unha pequena fractura lingüística: o galego é a miña lingua, e nunca dominarei outra coma ela, aínda que dedique todos os esforzos da miña vida. Pero o inglés comeza a ocupar cada vez máis espazo do meu cerebro, a moldearme algúns recantos, a mudarme frases e estruturas. Empezo a sentir o reto de que estas balas sexan bullets. Pero aínda non estamos en disposición técnica de facelo.

fundación

A Fundación Cesare existe, claro que si, anque non se chame exactamente así. Hoxe amencín por primeira vez na cama que hai nela. Dedicarei a vindeira semana a traballar moi intensamente nunha dobre quenda, botado ás mañás á mellora das miñas cualidades pedagóxicas, e ás tardes á preparación dunhas fichas sobre literatura que me enchen de tanta preocupación como morbo. Así que xeograficamente agora estou na ghalleira, nun lugar do interior batido polo sol e que nesta hora da mañá aínda é alegría de anduriñas.
Nos locais da fundación, ese punto de ancoraxe, miro e remiro bibliografía apresuradamente e de fondo escoito björk. E refréscome da calor nunha ducha sen cortina que me permite verme espido no espello, decadido, revellado, mentres o xampú cae frío por sobre os meus pregues destensados de trintaepico.
A fundación: os libros, o espazo, un ferrado vello, unha pantalla (das de xinzo), cerámica de gundivós, artesanías carrexadas polo copatrono Ferre e un saco de boxeo. Entre as súas paredes de pedra vista hai un aire viciado de amizade, mesto, que agora mesmo é o único motivo que mantén tensa a cadea coa ghalleira.

fauna e flora

Apañamos o coche de alugueiro e Ferre e mais eu poñemos proa a calquera parte. El dime: san cibrán de las; e aló imos, pra visitar unha vez máis o impresionante castro, completamente deserto de vixilantes, indicadores ou outra cousa que non sexan as marcas das fuciñadas dos xabarís entre o pasado. Como non son magago, nada sei destas e doutras cousas, pero encóllome canda Ferre cando se bota ao chao, apaña un garabullo e traza rapidamente unhas liñas: aquí o río, aquí unha fractura xeolóxica, aquí o santrocado… Despois erguémonos coa compaña dunha bubela (hai paxaro máis fermoso?), e logo seguimos, primeiro ribadavia e logo esas estradas do nososeñor, baixando a pontearnoia, dobrando en cartelle, rubindo ata outomuro, deténdonos na abandonada xoia romana da ponte freixo, discutindo se esta folla é dun salgueiro, dun freixo ou dun bidueiro, vendo pasar o asfalto e a tarde baixo a mirada atenta dos miotos e dunha martaraña que, nun cambio de rasante, aparece no centro da calzada.
E nun momento, quizais en sabuz, un merlo inicia supetamente un voo baixo que quero pero non dou evitado. Polo retrovisor queda deitado, afastándose, quizais coa cabeciña impactada dunha marca fonda, talvez o trozo dun 5.

matrimonios

Quedámos pra tomarlle un café nouturnio en atenas con Ferre e coa súa moza. Eles os dous atravesaban hai uns días severos problemas de parella, logo de quince anos de noivado en casas separadas. A semana anterior, mentres eu estaba na cama coa gripe, mandárame Ferre mensaxes moi dramáticas, de auxilio. Logo calou.
Cando coincidimos pra ese café Ferre está moi esmacelado e coxea dunha lesión de xeonllo que o mandou un ano prá cama en 1990 e que parece que lle regresa. Barataria, que é a primeira vez que o ve, pensa que é fermoso malia todas as circunstancias. Éo, si. Nun privado, Ferre dime secretamente que casan pró vindeiro setembro. Non me fala da crise. Tampouco me sae felicitalo.

paraíso

Orchestra BaobabMáis cousas relictas destes días: os xeniais concertos de Ari, a Orquestra Nacional do Barbés e sobre todo a Orquestra Baobab: coa voz dun dos cantantes lembro un vello cego que paseaba pola rúa do meu hotel en dakar, á caída da noite, salmodiando a berros unha sura calquera, fermosa como calquera, estarrecedora coma calquera.
Tamén unha conversa tranquilizadora de Ferre, que viaxa a Londres. Outra con Pequenosdetalles (demasiado escasa) acompañada de roce de bandulliño.
As mensas de Belokan.
Fufli. Neit.
Este paraíso de acontecementos é o meu paraíso. De momento.

preocupación

Recibo chamada de Ferre. As cousas non lle van ben.
Se tivese que explicar todo o que supón Ferre na miña vida abofé que non abondaría un só blo. Pero eu confiaba cegamente na súa paz, na súa tranquilidade de amor, e deixaba o mundo rolar.
Agora que todo fende, chámame. Mándame mensas extenuadas. Pídeme consolo.
Agarda, pequeno. Esta semana hei de ir e heite bicar como nunca.

polinización

Atenas ábrese no día das letras. Falan os vellos paisanos na rúa lembrando a xocas na súa viaxe a bos aires, na súa bonhomía; critican a vitorino. Falan os vellos académicos no paraninfo, e din palabras tan bonitas que me entra un arreguizo de saberme ateniense: miña nai fálame do xocas, que lle deu clase, e das súas camisas descoidadas. Dime: non era tan feo… Teño lembranzas do día da súa morte, e da mágoa de miña nai, que revivo ao ver con ela unha necrorreportaxe. Emocionadas no sofá.
Á tarde, despois de caer derrubado nunha sesta, vou pasear con Ferre. O verán chegou a atenas e medra a cola prós xeados na ibense. Preséntanme unha rapaza moi fermosa, que se chama Rosa, pero avísanme que trae as albardas cheas de problemas. Peke diría: e quen non? Claro. Ao despedírmonos, comezan a caer folerpas brancas dos pradairos. Todas as rúas énchense de folerpas no resol, e brillan. Os días que máis me gustan da vida que máis me gusta.

m

Estou en atenas con Ferre, e despois con Florbela, e antes vexo no cinema a fabulosa cleopatra (a arxentina). Vén ao caso unha e outra vez o futuro. Ferre está achicado no seu traballo de interventor e co ir e vir en coche pola A52: ten trinta anos, quere cambiar e non sabe como. Cleopatra faino aos setenta. Mestra xubilada que vende cosméticos polas casas, acaba o filme ás carranchapernas nun galponciño de bus, nun lugar perdido da pampa.
Hai posibilidades para o cambio? Debo deixalo pra máis adiante? Quizais deba poñerme unha data pra lanzarme á conquista dos restaurantes paellíferos de londres. Ou mánchester, ou marsella, ou múnic, ou calquera fermosa cidade que empece por M.