Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » football

Arquivo de tags

eurocopa

A tarde discorre tranquila mentres escribo os posts pendentes neste barrio das aforas de parque-temático-cervantes. Barataria estuda pra un exame mañá, e se se pon atención por debaixo do marmurio da cidade escóitanse cláxons e conversas de patio de luces. De súpeto abre a terra nun estrondo. Un gran berro de emoción e felicidade percorre o barrio: Romanía acaba de marcarlle un gol a Italia.

man

Pase en profundidadeLevaba conto que catorce anos sen xogar ao fútbol. Cando hoxe me mentalizaba pró partido pensaba no fracaso da miña vida, que nunca xuntei amigos pra un equipo, e que nunca traballei nun sitio digno de participar nunha liga de empresas. Tiveron que vir os meus clientes a convidarme, a sacarme deste estado de abandono. Xogar ao fútbol neste país: o sol, a chuvia, o vento… e todo estaba no sitio, como cando o deixara catorce anos atrás. Alí estaba o gordiño aparcado na banda, alí o indie que xoga coas mans nos petos. Tamén o sabichón que se enlía en interminábeis caneos ata que perde o balón e que berra simple, easy cando el non o ten. E o cachondo espectacular máis preocupado da bromiña de tocarlles a pirola aos colegas ca do coiro. Estaba o dianteiro zoupón, e o home de equipo, e o que a pide sempre, e quen non a pide nunca, estaban os furadores e os carriláns, estaba o porteiro que ninguén quere ser porteiro, e tamén a bottle law, bring it if you shot. Como daquela.
Pero faltaba a man. Esa man que se bate cando un dá un bo pase, ou cando remata, ou cando erra e significa no worries, ou well done, ou let’s go. Esa man non estaba. E ao que remate este post xuntarémonos pra tomarlle unha pinta, a ver se atopo esa man que me falta.

estou aquí, onde estás ti?

Como lausanne é terribelmente costenta, gasto coa suor unha camisola xa de mañá cedo, e outra máis traballando. Recupero da bolsa a do celta, de cando xogamos a uefa, e saio a pasear á tarde. Cruzo de celeste con varios grupos de españois e de portugueses, e tamén con señoras cheas de dourados e cans brancos que din en tout cas, iles xa chegaron tarde e con señores panzudos de moraña que discuten na nosa lingua sobre fontanería. Pero non me identifican.
Só cando estou xa de recollida, un rapazolo pasa boureando cun 106 azul. Leva no salferidoiro unha bufanda de españa, supoño que polo básquet, e o cóbado por fóra da xanela. Escoito que berra algo do celta, e cando arrinca no semáforo en sete estralos, clama: é a primeira vez que vexo unha camiseta do celta na suísa.
Eu exploto o meu lado loiro de ollos azuis e respóndolle co meu mellor sorriso suíso.

festivo

Pra darlle a razón a plattdorf, as librarías deciden non abrir. Entenden que unha empresa razoábel non debe funcionar os disantos e fregan as mans cavilando en todos os clientes ansiosos que acudirán ao día seguinte (xoves) a mercar libros. Como non comprendo nada do sistema capitalista, decido ignoralo: érgome cedo, medícome e desprázome por causa laboral ata sada. Alí os académicos dan lectura, diante dun cada vez máis merengoso e fútil presidente touciño, a un manifesto preciso, valente e correcto. Xa non é o primeiro acto oficial das Letras ao que acudo, e debo confesar que cada vez me gustan máis. Había blogueiros ilustres, había señores que escriben a máquina, e había tamén unha prezosa a prezada conselleira que, a pouco que se descoide, é adoptada por todos os galegos maiores de sesenta. Interrómpeme co móbil o meu amigo Koala, retransmitíndome dende o lado escuro a súa indignación: antilosada, antiquintana, anticallón… o lado escuro está moi extraviado, e á miña esquerda entra un rapaz imponente. Viste un nique sen marca, de cor verde, unha chupa de coiro e unhas zapas puma ben xeitosas. Senta cabo de min, desprega as pestanas, aplaude o último dos académicos, canta o himno e marcha. Non parece galeguista, e iso gústame. Sígoo, mentres á miña dereita sacan a xohana torres en padiola. Monta nunha chóper, fala cun gardacivil, pon o casco e desce deica a sada na moto. Sígoo, pero extravíaseme o amor nun semáforo.
Así que como a febre comeza a subir e a gorxa estrala, decido pasar dos pinchos académicos e collo autoestrada cara a humidtown. Curro algo, vou prá cama, leo a auster e logo érgome pra oler a suor dos homes máis fermosos do mundo: ashley cole, thierry henry, cesc fabregas, henrik larsson. Gañaron os de senalcume, non os meus, pero eu fágome rapidamente siareiro da beleza.

ourensanadas

Xa estou de volta en Ourense. Quedou sen mencionar a fría Lleida, o espectral encoro de Mequinensa, Balaguer (extraordinario), Calanda, Alcañiz, Molina de Aragón, Montalbán, Sigüenza, Ayllón, Alcorisa… 400 quilómetros dende Teruel ata Burgos, sen vilas importantes: ruínas, casas illadas, ferrados e ferrados de baleiro e lavanda e arxila. Cruces que xa só serán cruces para o practicante. E en 10 anos nin iso. Quizais a Ourense lle quede ese destino. Habería que montar unha empresa de reciclaxe de letreiros de estrada, de vellos sinais de curva perigosa, de quilómetros de asfalto inservíbel. En vinte anos non haberá en cen millas á redonda máis traza cá do raposo. É bonito, pero tamén é algo apesarado, coma os versos de Llamazares: azuis e torturados nesta hora. Cito e peto na mesa.
Helena e Carles, dos Pomada, dedicáronme unha canción na sala Cotton-Club, de Lleida, e fixéronme tan feliz por un momento… Carles vai ser pai para agosto, e Helena ten medo das propostas de Carles de ser un pai responsábel, e que deixen de facer concertos… Pero se o pai máis responsábel é o que marcha da casa!! Tamén estaban os Dept, que marchaban pra Cádiz, e tocaban os Brams, que só me gustaron o xustiño.
Pero, vaia, que hoxe estou en Ourense, aínda coas pálpebras da brétema de conducir onte todo o día. Tomo un café nun bar, que se chama ‘Expresándome en el pop art’ (en serio), e leo no xornal un artigo de Pepe Diz: lembra aquela Terceira división con 5 ou 6 equipos ourensáns: esta finde xogan o Verín contra a Ponte, os únicos resistentes. É parte do fracaso provincial, do noso teruel. Ao Taboadela custáballe moito diñeiro ter que xogar todos os partidos da Preferente sur nas rías, e renunciou ao ascenso. Saía máis a conta facer o fútbol entre nós.
Vexo tamén no xornal signos do estarrecedor momento institucional, antidemocrático: Parada, o monfortino Xosé Manuel Parada, sorpréndese escandalizado de que o Partido Popular “permita” na “súa televisión” determinadas cousas. Eu tamén me escandalizo. Na porta do concello de Lleida, un señor disfrazado de catalán barretineiro protestaba pola claudicación dos republicanos ao españolismo. Hoxe, con L’edat de ferro de Coetzee enriba da mesa, creo que se había unha posibilidade por pequena que fose de salvar o noso, esa era o tripartito e mais a tenda de Carolina Herrera no parque de San Lázaro. E non Corina. Non sei se me explico.