Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » France

Arquivo de tags

mal de escola, 2

Se non me chegaba xa coa lectura de Mal de escola, vou a embiburgo pra ver o fantástico filme Entre as paredes, traducido aí embaixo como A clase, e publicado como novela tamén con ese estraño e, ao meu ver, distorsionador nome — editores, pronúnciense, :) —. Porque nese espazo que construíu a escola moderna (republicana (!) chámanlle os franceses), nada funciona. O filme é devastador: o catálogo de malas prácticas pedagóxicas repásase de principio a fin, e a falta de respecto constante dos mestres cara aos alumnos vai medrando ata que remata da única maneira que pode facelo: o profe chámalles putas ás alumnas e un estudante é expulsado nunha escena tan dantesca que poderían asinar os irmáns Marx, se non fose porque o conto é triste.
Tiña boa razón un dos comentaristas deste blog: a escola é o último espazo moderno nun mundo postmoderno. Pouco mudou a escola dende o tempo que estudaron os nosos pais, agás polas zostregadas nas unllas e demais castigos físicos. E pouco mudará se seguimos a aparvar a perdiz: unha reforma urxente é necesaria, de currículo, de actitudes e de dinámicas, que sitúe os rapaces no centro, e non os profesores… ata de arquitectura dos centros debe mudar, pra axudar a romper ese espazo artificial e absurdo creado entre as paredes.

Mercar A clase na libraría Couceiro.

rousseau

Jean-Jacques RousseauPor motivos ben estraños e retorcidos, póñome a ler algo de chateaubriand e despois outro pouco de rousseau. Este último é xenial, e léoo directamente en francés pra irme de wai. Gústanme as súas descricións botánicas, e sinto medrar algo de moderada afinidade entre os dous polo seu cariño pola paisaxe, aínda que el coloque misantropía onde eu quero ver adolescentes e centrais nucleares. Pero o máis marabilloso é descubrir que boa parte da cultura occidental descansa nas ensinanzas dun auténtico : a mestura perfecta entre Rodríguez Menéndez e a teoría da conspiración chámase Jean-Jacques Rousseau. E mola.

escafandra

Le scaphandre et le papillonUnha das cousas que máis me gustan desta illa é a francofobia, unha francofobia sanota, algo ridícula e pavera, non como aquela que nos levou a perder a guerra. É a francofobia dos xornais que no suplemento de viaxes de xaneiro’07, onde sinalaban as citas importantes do ano, mencionaban o mundial de rugbi como “por fin un motivo pra visitar ese país comprendido entre Bélxica e España”.
Non sei por que estraña razón métome a ver “A escafandra e a bolboreta“, quizais porque empezaba a esa hora e levaba o bandullo demasiado cheo de carne con especies pra seguir dando voltas pola fantástica noite de glaspop. Que aborrecido, que detestable, que francés. En realidade, os países en decadencia, e dende logo este onde vivo éo, amosan unha predilección por despegar da realidade que linda na patoloxía. Cando a enfermeira lle di ao paciente que ese pensamento metafísico sobre a vida e a morte que lle acaba de mandar é “obsceno” eu despego definitivamente e dedícome a mirar como unha parelliña diante xoga co móbil, tócanse as tetas e comen todo tipo de snacks. A única atención que poño na película é pra desexar que morran axiña o paciente, a emperatriz Uxía, a enfermeira e, xa postos, francia enteira.