Arquivo de tags

susto/morte

1. Recibo finalmente o bosquexo de declaración da renda: teño que pagar 954,53 euros. 2. Desespero pensando na chaqueta prás vodas que acabo de mercar en florentino. 3. Indígnome. 4. Calmo e resígnome. 5. Enorgullezo: alguén ten que pagar a peaxe de rande, as escolas, os plans de igualdade, as axudas ás persoas dependentes, os polideportivos… 6. Reviso as cantidades e comprobo que a miña empresa di reterme un 14% mentres que Facenda asegura que a miña empresa só me retén un 7,9%. 7. Anoto na axenda: pasar pola armería.