Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » friendship

Arquivo de tags

marvel

picture-11Tiña moitas ganas de volver a Daredevil. Hai meses lera en dixital o prólogo deste novo número (A volta do rei), ambientado na Costa da Morte. Quería saber en qué daba a cousa e, sobre todo, revivir os fermosos momentos pasados a catro mans cunha señora de case setenta anos: prós dous era a primeira vez cun daredevil .
Agora, na soidade da casa e dos días extraordinariamente cansos, leo toda a historia de principio á fin. A historia e os personaxes é fascinante, e o final gorentoso. Tamén os debuxos están perfectos (agás algo raruno que sucede nas perspectivas da páxina… — arghs, non están numeradas!). Pero non é esa corrección a que se agarda da Marvel? Pouco queda máis alá, fóra dalgunhas imaxes, como a de Kingpin paralizado polas cimitarras nos ombreiros, que me quedarán gravadas por bastante tempo.
É en cambio algo molesto o acostumado embiguismo. Ao cabo, a trama resólvese de forma forzada grazas a un xiro inesperado que, pra entendelo e gozalo, habería que saberlles o pasado de memoria a algúns secundarios. Ou así o espero, pois deste xeito perdémonos aqueles que lemos só este daredevil, e da outra forma perderíanse tamén os frikis.
Vale, quizais Daredevil #116-#119 e #500 non estea feito pra min. E talvez aí estea o problema.

criaturas

O meu sobriño de ames naceu xa medrado. O de barrantes aínda esperta cada tres horas pra reclamar alimento. A de Florbela xa di o nome cando llo preguntan. A cadela da Centenaria ten forza (e ganas) de levar a titora no aire. E aínda queda algún por chegar nos vindeiros días e semanas.
Son as criaturas novas, ás que fun enfiando visita día a día, máis atónito eu ca elas: algunhas delas pagaranme a pensión, a outras verémolas competir en circuítos de fórmula 1, e outras soterrarán felizmente ósos frescos. Mentres tanto, ocupan a posición central levando á roda a uns seres que, de non ser por eses olliños cansos e contentos, me custaría recoñecer.

man

Pase en profundidadeLevaba conto que catorce anos sen xogar ao fútbol. Cando hoxe me mentalizaba pró partido pensaba no fracaso da miña vida, que nunca xuntei amigos pra un equipo, e que nunca traballei nun sitio digno de participar nunha liga de empresas. Tiveron que vir os meus clientes a convidarme, a sacarme deste estado de abandono. Xogar ao fútbol neste país: o sol, a chuvia, o vento… e todo estaba no sitio, como cando o deixara catorce anos atrás. Alí estaba o gordiño aparcado na banda, alí o indie que xoga coas mans nos petos. Tamén o sabichón que se enlía en interminábeis caneos ata que perde o balón e que berra simple, easy cando el non o ten. E o cachondo espectacular máis preocupado da bromiña de tocarlles a pirola aos colegas ca do coiro. Estaba o dianteiro zoupón, e o home de equipo, e o que a pide sempre, e quen non a pide nunca, estaban os furadores e os carriláns, estaba o porteiro que ninguén quere ser porteiro, e tamén a bottle law, bring it if you shot. Como daquela.
Pero faltaba a man. Esa man que se bate cando un dá un bo pase, ou cando remata, ou cando erra e significa no worries, ou well done, ou let’s go. Esa man non estaba. E ao que remate este post xuntarémonos pra tomarlle unha pinta, a ver se atopo esa man que me falta.

amizade

PardecondeOs Johnson, grazas ás bondades das incomunicacións no século XXI, de súpeto teñen que mudar de casa: caeron nun bucle sen internet a 300 metros da catedral de humidtown. O novo piso terá o que se queira, pero sobre todo unha boa conexión e un cuarto de convidados, que eles chaman por bromear o cuarto de Cesare. O venres que vén irei á ghalleira nunha viaxe de finde rápida e precisa. A noite do domingo pró luns pasareina en ankara, na casa de Walter, pra coller o avión de cedo, e el dime por teléfono que o sábado foi coa nai mercar unha cama pra Cesare, que non tiña.
Non sei se eles, e todos os outros, teñen unha lixeira idea do que están facendo, pero esas atumes ás patas das camas son, en tardes outonizas coma a de hoxe, bágoas como puños.

Como as que boto cando escoito esta fabulosa peza do emsí galego-suízo GranPurismo (agasallo de orsinia, unha vez máis). Unhas rimas moooi ben acabadas, uns contidos emocionantes e algunhas frases prá historia como ese “eu sei que seguirei ladrando coma o can do Laureano”, pousan a Pardeconde no planeta. E arrízanme todas as frebas do pelexo ao mesmo tempo.

despedida 3: amigos

Dimo Ian en plan broma, pero reconfórtame: algo debeches facer pra que te traten así. A bágoa de Argallante Máximo, os comentarios de Eya (que quedaron sen responder), a ilusión que lle albisco nos ollos a Ferre cando fala de mercar un homecinema prá fundación cesare, o bico de Chimpi, a mensa de Apombiñado… Tantas e tantas mostras de cariño levei estes días que non dou feito a contalas todas. Nin a sentilas como merecen. Agora tócame a min devolverlles todo aos amigos: feitos, visitas, e crónicas do tío matt o viaxeiro. E abrir permanentemente as portas da pousada: vinde.

in order of appearance

María, Mary on the Bus. Ascárida. Goretoxo. Martin Pawley. Peke. 5Line. Rum, Ex-rum, Ro. Jean-Sol. O gnomo. Wonderboy. Sachadora. Berlín, Plattdorf. Sarabaras, Sarabalas. I Topo. EMF. Iria. Vendell. Contra. Henri. Iarrovawo. Paleon. Catu, Opaco. Turzi. Ex-alcólica. Willy. Boss. Jacarezinho. Xosé Manuel Méijome. DeliciousSolitude. Mound adeira, Mound. Fran Alonso. Magago. Spaviladiyo. Descalza. Caimán. Joaquim. Kate. Dot, Dot Cotton, Prisciliana. Xamataca. Honest Joe. Maiself. Fufli. Walter. Teaboi.Tenazas. Cavròn. Arturo. Subcomediante H. (m)alicia, alicia. Harpomeira. Eya. Neit. Florbela, Penélope, Klarisa Ivanova, Remedios a Cachona. Sabelita. Uxio. Teki. Duquesa de Brouvouard, Duquesa. Iop. Banyoshi. Circe. Pépi. Meninho. A Raíña da Canella. Shotokan. Dorfun. Fuso. Xosé Antón. Caladinha. Aldán. Anjos. Audrey. Depósito. O galo Camy. Ra. Cacique. Revelde. Princesa Fiona. Alex. Subcomediante S. Irreal in Tacto. Porquiño. Eu (nando). São Tomé. Enrique Santos Discépolo. Subcomediante FTP-R. Benito. Noname. Frank. E…. Pinacle. Eu (loli). Silvia (Plath). Fggago. Siloam. Sés. 20vacas, Alumno 000932. Jéssica Fletcher. anTa. Emereci. Aqui. Eye. Fran. -Lg. De faca na liga. El Belo. Avioneta Malabarista. ILGA pt. Gaiteiriño. Ardibeltza. Velaqui. Iam. Zeugreb. _Neo2_. Eu mesma.

Grazas. Todas as grazas.