Arquivo de tags

solución, 4

1. A Fufli árdelle o monte xusto ao da casa. Combaten nel man a man cunha inexperta cuadrilla municipal, a caldeiros. Tráenlle un tratoriño de apoio e pelexan ata as dúas da mañá. Ás tres reabre, e loitan deica as cinco. Á vella Aliansa de noventa anos e a Iria, que agarda un neno, leváronas pra outra casa. Están ben.
2. Por fin conecto co teléfono de vicepresidencia. A ver onde me mandan e a facer o que.

noites

O traballo e os estudos foron bastante intensos esta semana. Pró remate, saio o venres ao cadelicio con Fufli. Vexo a Würth e ao seu amigo Bailarín, vexo a Sen-Referencia (que me propón trío pró domingo), e regreso á casa acompañando a 12Uvas, que me conta de como vai e volta a súa relación cun amigo del, que insiste na súa heterosexualidade incluso despois de deixarlle o lombo retorto nos asentos dun coche, á noite, no monte.
A miña vida é un tesouro. Grazas a eles.

todo a vinte

Quedamos con Fufli pra tomar un viño. Está precioso cunha chaqueta das rebaixas, no seu estilo. Non quere falar, pero ao final consigo que me conte do seu novo chorvi. Dime (por esta orde) o seu nome, de onde é, que ten vinte anos e que ten vinte vacas. Pensaba que era unha explotación mediana, pero non pasa de pequena. A Fufli sénteselle emocionado. Agora que só vexo del as cousas que máis ilusión me facían, cavilo vintemil veces en por que o deixamos. Tamén dedico parte do tempo a tentar lembrar as chungas.

Soño coa súa nai. Estamos paseando polo feirón de padrón, falando del. Ela parece preocupada, e eu tento animala, e dígolle que todo vai ben e que Fufli é moi feliz. Xa esperto, agardo que non marche nunca da miña vida.