Cando estou no medio dunha festa pouco exitosa que os colectivos homosexuais de humidtown celebraban prá súa parroquia, recibo unha sms de Futuroscope. Moitos meses despois sae do seu silenzo e ameaza con vir. E vén. Ten que levar a irmá de volta prá casa, e quédalle no medio unha hora e media pra foder comigo. Imos á casa e íspese rápido pero só corporalmente.
Non lle recoñezo a pirola, agora fea e torpe, nin o peito, ao que lle medraron de súpeto pelos desamañados que el atribúe a tres depilacións inaxeitadas. As súas exaculacións seguen sendo mareiras, e por iso sei que é el. Tamén garda os furados escuros da conciencia e ese ton hiperresponsábel cando fala da familia política e da sanguínea como se fose unha institutriz suíza. Nun dos ataques sexuais, pároo e cóllolle a cabeza: moitas veces agardei este momento pra que me contase por que marchara, pra soltarlle todas as preguntas que lle tiña en débeda. Agora póñolle namais a man na meixela e quero dicirlle tenrura. Pero creo que só me saen grazas por non quedar.
Arquivo de tags
Non esquecín a futuroscope. Durante a viaxe recibín un par de mensaxes del, e vólveme andar na cabeza. Sigo tendo os seus discos de tiziano ferro, e el segue tendo os seus problemas. Dime de quedar un día destes, pero non di cando nin onde. Sen vernos, sen falarnos, sei que non será esta a última vez que pense nel, relaxadamente.
Enfronte está Belokan. Cando o xoves me erguín na súa cama, o primeiro que vin foi unha bandeiriña sueca enriba do televisor. Pasou un curso aló, estudando, saíndo á neve pra fumar. Entre nós hai océanos de confianza, e resulta tremendamente divertido cando fala da súa vida. De momento é a todo o que me dá a cabeciña.
Destes días:
1. Queda xa menos prá nosa viaxe cara ao leste. Gustaríame postear no camiño, ir tomando nota de solpores, quilómetros e áreas de servizo, pero non sei como nos apañaremos berlín e mais eu.
2. Recibo unha simpática mensa de Futuroscope. Non podo evitar aqueloutrarme enteiro e que me brillen os ollos, brevemente, pola ilusión renacida. Afortunadamente murcha axiña.
3. Tamén recibo mensas de Paleólogo e de Geneve. Probabelmente quedarei con eles esta finde. Belokan segue por menorca.
4. Convídanme (m)alicia e berlín a cear. Alí está a señora Bigmarraw, á que coñecía de vista: caémonos rápida e reciprocamente mal. A cea convértese nunha pelexa de galiños por ser o centro da conversa, arrebolándonos teorías e descualificacións por riba dunha marabillosa tortilla e uns infrecuentes tomates. Afortunadamente un amago de cita remata esa tensa reunión.
5. Hoxe cumpríronse medradamente as espectativas laborais. Un par de intensas xornadas máis e descansarei a cabeciña.
Bolen os momentos e Futuroscope convértese no centro de todo. A torrenteira de mensaxes cruzadas fainos felices a movistar e a min, e descúbrenme un auténtico diamante en bruto, incribelmente fermoso, máxico e intelixente. Con certas capacidades sexuais extraordinarias, ao final quedamos abrazados uns segundiños, de madrugada, sobre o futón, mentres me conta cousas socialdemócratas que me fan moita graza.
Imaxínome casado con Futuroscope: el analiza informes de obras e intervencións nas calzadas e eu cociño, leo, escoito música ou simplemente zúgolla. Tamén me imaxino na casa do presidente, de consorte.
Pero, ais, un alustro cae: antes eu era plenamente gozoso só, autónomo, independente, prescindible.
