Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56
As túas balas » Gaiman

Arquivo de tags

failure

Hai unha faisquiña perfecta en Neil Gaiman, que xa estaba en Sandman, que xa estaba en Neverwhere, que volve aparecer agora en The Graveyard Book. Esa membrana transparente que separa fantasía de mundo corrente é nesta última novela imperceptible ata non poder máis. Non é grotesca, non é ridícula, non é exhuberante. Esvaería se estivese aí. El di que lle debe moito á historia do neno da selva de Kipling. Quizais si, e tamén moito a Chesterton. De feito a historia do neno abandonado no camposanto e criado polos mortos está cheíña de momentos deliciosos. Pero a outra historia, a do neno predestinado a mudar o curso da historia xa a vimos, xa a limos en moitas partes, e esa segunda historia vaise facendo co control da novela, e esmagando a outra, ata que cando a última páxina dá a volta xa non sei moi ben que novela foi a que relín.

londres de baixo

Acompañoume toda esta breve viaxe unha novela de neil gainman: Neverwhere. Retrata a vida do londres que se foi coando polas freitas do tempo, estacións de metro abandonadas, soldados romanos perdidos nos pantanos do Támese durante a última invasion, carrexadores de quipel que se citan en mercados flutuantes pra trocaren plumas de paxaro por botas vellas, bestas, anxos, e esas dúas figuras xa coñecidas en gainman (caín e abel, aquí mr Croup e mr Vandemar), dispostos a crear a dor máxima.
O resto da historia é un pouco o de sempre: heroes, labirintos, probas e cooperación. Pero se xunto un antigo comentario de xesús fraga no quilombo con estas estacións abandonadas e a miña experiencia destes días sáeme un universo paralelo ben pracenteiro. E posíbel, claro.

ascetismo / maldizón

Un slip de springfield. A bolsa de viaxe que merquei o mes pasado. Un libro sobre weblogs. Vinte CDs orixinais, dende os diplomáticos a Youssou N’Dour. Un álbum de Neil Gaiman, acabadiño de comprar para que non mo tivese que emprestar mariademallou. Un cargador de móbiles nokia. A colección de xabróns apañados no último ano de hoteis. Un pantalón da tempada 02-03 que xa me apertaba no van. As chaves (casa, traballo, cadeado da bici). O chaveiro, agasallado por Fufli e que xa antes fora vello chaveiro nun hotel do Cairo. Outros cinco libros. O sistema de peche do coche. E máis cousas miñas, e inda moitas máis de plattdorf, foi o que levaron os ladróns de dentro dunha fermosa peugeot azul aparcada na rúa Mártires da Liberdade do Porto, a sesenta metros dunha comisaría.
- - - - - - -
A metade dos quince ou vinte tólares que nos quedaran nos petos ao saír de eslovenia deixáraos no coche, e foron roubados hai unhas semanas polos ladróns en humidtown logo de fenderlle un vidro de atrás a Lola. A outra metade das moedas gardáralla a plattdorf, e non lla entregara ata o venres: el metera o botiño das moedas na mochila e a mochila no maleteiro do coche.
As dúas metades dos tólares están agora por fin reunidas no alén da delincuencia.

sacaúntos

O equivalente ao sacaúntos en anglosaxolandia é o sandman. Un ser eterno que lle deita area nas pálpebras aos que dormen, pra que durman, e o que fornece soños e pesadelos. Merco dous álbumes de Neil Gaiman, os dous pra agasallar, pero léoos antes. Un é un recompilatorio de historias dos sete eternos, entre os que está Sandman, ilustrado por Miguelanxo Prado. O outro relata a intervención dos anxos na creación do universo. Gaiman é flipante, e ten blo. Non sobra nos seus álbumes ningunha palabra, ningún trazo. Cando pasea polo bordo do moralismo mantén o equilibrio de maneira tan precisa que me sinto contemporáneo (Vendrell, xa sei). Cando remato as súas historias, anque sexan terribelmente tristes, invádeme unha ilusión, unha joie-de-vivre… Se fose fan dalgo, creo que o tería que ser de Gaiman.
Gustaríame deitar un día e que aparecese Gaiman pra sentar no cabo da miña cama e contarme historiñas ata durmir. E que espaventase o sacaúntos. Gugleo e atopo este tesouro: lista de asustadores españois. E estoutro artigo, onde se indica que o sacaúntos é unha libeliña cántabra. Pra ti, Jacarezinho.