Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Galicia

Arquivo de tags

telepatía

29458759Por un twitter perdido acabo nun concerto no Porto dun grupo do que descoñezo todo. Só vira antes un par de vídeos no youtube, pero apetecíame irme de wai e bloguealo. Ademais, sempre teño ese especie de imperativo moral que me obriga a escoitar música igual que os xogadores de fútbol se ven impelidos a ler prensa deportiva pra dicir que len algo cando lles fan esas entrevistas que procuran demostrar que non len nada. E ademais, sei que Emilio José, o cantautor de Quins, tamén irá aló e teño ganas de coñecelo.
Elas son Telepathe. A sala é un impresionante soto de lámpadas rococó. Ao meu lado está Emilio José, que leva unha pucha branca de medio lado e ten nun parking próximo un clío con espellos retrovisores para remolques. Estamos en momento fan: el dela (dunha delas), eu del. A situación é realmente moi divertida. Está buenocho-buenocho, e cultiva un calculado desleixo de artista que non é maldito, pero podería chegar a selo se lle petase. Mentres as paisanas fan un concerto flipante sen pausas e sen bises, pregúntolle pola súa vida, pola volta a España a pé facendo concertos ata que lle inchou un nocello, pola carreira que estuda e polas galeguísimas razóns de non ter adsl en Quins (enfadouse porque a adsl chegara antes ao lugar do lado).
Julieta Venegas e mais eu somos fans del. Pero ela quizais non saiba a importancia deste feito banal, e eu si.

laranxa

Esta laranxalaranja que agora mesmo papo no tren resume os desasosegos que me esperta a ghalleira. Foi mercada en humidtown, hai poucos minutos, nunha pequena froitería próxima á estación. No establecemento había só unha rapaza noviña e un señor maior, aparentemente o dono, que estaba a colocar peladillos nun andel. Ningún dos dous respondeu o meu saúdo. De feito, o primeiro que ela me dixo foi o prezo: 60 céntimos dunha soa laranxa. Despois colocouna nunha bolsa que eu non lle pedín e non volveron falar máis comigo nin sequera logo da miña despedida.
A laranxa cómoa agora no vagón deste ruidoso tren de longo percorrido: é unha auténtica e completamente insípida Ibáñez cinco estrelas, e como non hai papeleiras gardo as carapas no colo, sobre o pantalón. Anoto o seu sabor nun documento de texto, posto que estou nunha célula incomunicada que se despraza a 50 km/hora: non hai wifi, non hai cobertura móbil, non hai sequera carga eléctrica. Afortunadamente, e como tampouco hai paradas que reduzan aínda máis a velocidade, os viaxeiros non fuman no espazo entre os vagóns: este cheiro a fume que esmaga o difuso olor da laranxa procede unicamente dos baños.

antisionismo

O título alternativo deste post era ‘innombrable’, porque non pensaba mencionar o título nin o autor de Xudeus e conversos en Galicia: o editor cáeme demasiado ben e non querería que se sentise ferido por unha gugleada a destempo. Pero o certo é que este volume de Rouco González é un dos peores libros que lin e o primeiro que tiven tentación de destruír. Non polo seu corte ideolóxico nin polo seu estilo, pois o que non me guste a min a outro lle aproveitará, senón pola súa carencia de relación coa verdade. Non creo que dende Murguía se publicase un libro máis baseado en ruxerruxes, propósitos ideolóxicos e contos de vellas ca este. A súa falta de estrutura, o caos da redacción e o trapalleirismo son tan grandes como o caixón onde, ao longo dos anos, o autor debeu ir recollendo anotamentos e ocorrencias de ducha sobre o xudaísmo en Galicia, ceibadas agora coa única virtude da aleatoriedade. As tres ou catro afirmacións interesantes que se verten no libro carecen completamente de referencias, e incluso prescindindo diso resulta difícil sacar máis conclusión có paradoxo de que esa foi unha terra que acolleu especialmente ben os xudeus, e que por iso acolleu poucos (así, a ollo). Alguén debería escribir unha boa historia do xudaísmo na ghalleira. Os nosos devanceiros meréceno.

ida por volta

Todas as viaxes á ghalleira supoñen unha reinicialización do sistema de gps interno. Esta, como foi incribelmente fugaz, obrigou o gps a dar máis voltas das habituais, pero non houbo vagar pra que entrase en modo metafísico. Apenas tiven tempo pra falar ao caso con senalcume, coa tenente Risitas, con Ian, Ferre, Walter ou co Argallante Máximo, a quen se sumou Barataria, que veu pra vernos e fodernos nun alustro dende Ciudad-Ajo.
Logo de 16 horas de viaxe de ida e outras 12 de volta, logo de ver amencer nun bus chegando a Londres ou de intercambiar chiscadeliñas cun executivo noviño no avión, estou terriblemente canso pero tamén ilusionado pensando en decembro. E o que viña facer, fíxeno.

celtas non, lituanos

Bandeira de LituaniaLeva unha bandeira lituana na lapela, gasta boina galega e orienta o fuciño como se fumase en cachimba, pero probablemente houbo de vendela pra mercar o pantalón de chándal que viste agora. É maior, bastante maior, e vai sentando nas cadeiras libres á caza de orellas abandonadas. Nun meu despiste, apréixame a miña.
— …si, si, a lingua máis importante de Europa é o lituano. O 30% das palabras do inglés son de orixe lituana. E o lituano é, de todas as linguas de Europa, a máis próxima ao indoeuropeo. De feito, hai unha gran pegada lituana en España: Andalucía chámase así polos vándalos, que eran lituanos, e tamén hai moitos apelidos lituanos aló, como Galíndez. Galíndez vén de galas, que en lituano significa ‘fin’. Por iso se chama así a Galia. E tamén Gales, Galicia..

estou aquí, onde estás ti?

Como lausanne é terribelmente costenta, gasto coa suor unha camisola xa de mañá cedo, e outra máis traballando. Recupero da bolsa a do celta, de cando xogamos a uefa, e saio a pasear á tarde. Cruzo de celeste con varios grupos de españois e de portugueses, e tamén con señoras cheas de dourados e cans brancos que din en tout cas, iles xa chegaron tarde e con señores panzudos de moraña que discuten na nosa lingua sobre fontanería. Pero non me identifican.
Só cando estou xa de recollida, un rapazolo pasa boureando cun 106 azul. Leva no salferidoiro unha bufanda de españa, supoño que polo básquet, e o cóbado por fóra da xanela. Escoito que berra algo do celta, e cando arrinca no semáforo en sete estralos, clama: é a primeira vez que vexo unha camiseta do celta na suísa.
Eu exploto o meu lado loiro de ollos azuis e respóndolle co meu mellor sorriso suíso.

queda un

Madrid. Vaticano. Pion-Ian?