Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Galician language

Arquivo de tags

enquisa, 2

Como son paciente da gripe A, non puiden contestar axeitadamente a torrenteira de comentarios do anterior post. E case mellor. Así dáme pra facer un máis e atestar que si, efectivamente, estamos ben fodidos.

  1. Os que apostaron por boicotear o proceso de enquisa, insisten en que foi unha boa decisión, e que volverían facer o mesmo. É verdade que ninguén aprende en cabeza allea, pero desta vez nin sequera aprendemos na nosa. Porque cando na guinea conakry, por exemplo, a oposición democrática, dispersa e desestruturada, decide boicotear uns comicios a maior gloria do seu ditador, están a perder oito anos (ou máis) de historia, pero cando menos salvan a vida. Mais cando nun país democrático nos opoñemos a unha consulta realizada (trapalleiramente, si), por un goberno democrático, non arriscamos a vida. O problema é que, na nosa torre de marfil, non arriscamos nada. Tampouco nos importan os resultados porque non os imos crer. O único que pode resultar é que saia un cómputo negativo, e como ese cómputo negativo é, en parte, culpa nosa, picamos o balón e tratamos de crer (nosoutros só, claro) que aquí non pasou nada.
  2. Os que estiveron dalgunha maneira no proceso de normalización, nos concellos, nas asociacións, como individuos… insisten en que eles fixeron o correcto, e que volverían facer o mesmo, só que con máis forza. Os que tiveron a culpa foron outros. Ou ben, como dirían os galos en Astérix nos Xogos Olímpicos, os xabarís comeran porcalladas, a pista estaba en mal estado, ou había unha determinada correlación de forzas. É verdade que ten máis culpa González Moreiras có responsable de normalización do concello de allariz. Pero non é cuestión de medir quen a ten máis grande (a culpa) senón de ser conscientes de que todos e todas temos o noso quiñón. Que todos metemos a pata e fixemos as cousas rematadamente mal. Todos debemos decatarnos de que a realidade vai por outro camiño. Pensar, e mudar o rumbo. E despois, establecer sistemas de avaliación e control de calidade que nos digan se estamos acadando os nosos obxectivos e non agardar a que, dentro de trinta anos, unha enquisa trapalleira nos dea unha nova vareada nos fociños.
  3. Os que estiveron sempre rompendo a cabeza coa súa teima particular, insisten en que a súa teima é a mellor, e que seguirán a facer o mesmo. Formúlase o razonamento como se tivese unha base científica sólida, do tipo: cada vez que uns pais lles deixan de falar galego aos seus fillos, se o galego se escribise como se escribe en Angola, non o farían. Ou, os pais que non queren que o seu fillo aprenda galego na escola, se o galego se escribise como se escribe en Manaos, si que quererían. Esa conclusión nunca se vai demostrar cientificamente, e tampouco estatisticamente (ao final, as sondaxes, xa se sabe, están amañadas, non se fan as preguntas correctas, etc.). Pero non importa.
  4. Os que se moven por fobias persoais, insisten en que eu me movo por fobias persoais, e seguirán a facer o mesmo. É verdade que un curmán meu pode ter razóns pra algunha fobia persoal concreta, pero nin el coñece a todas as persoas mencionadas directa e indirectamente no post (que son moitas de diola, manexando moita pasta de diola), nin eu me metín a facer este post pra seguir as súas manías nin pra tocar collóns alleos (dispensando). Senón os propios.

Conclusión:
Ninguén dos que temos que asumir responsabilidades as asumimos en público. Á vista dos comentarios, parece que tampouco se nos pasa pola cabeza facelo en privado.

Inciso histórico:
Hai moitos anos, a directiva dunha poderosa organización lingüística chegou á conclusión de que non sabía por onde tirar. Pra iso argallou unha convención á que todo o mundo podía acudir (non só os seus socios): a ver se entre todos se nos ocorría algo. A convención foi rebentada por unha facción da organización que quería ser califa en lugar do califa. Non fagamos o mesmo agora.

Apostilas:
• Ata o comentario 26, fomos evitando a lei de Berto. Mal, Calidonia, moi mal. :D
• Ro, aínda vai levar vostede unhas panaderas. Ten máis razón ca unha santa. Pero cada vez menos.

enquisa

Moitas cousas importantes pasaron estes últimos días que agardan polo seu post perdido: libros fantásticos, unha semana no Porto, sexo cun rapaz de seattle na parte de atrás dun astra de alugueiro, etc., pero a cousa máis importante foi sen dúbida coñecer os resultados da enquisa do galego.
De nada vale escudarse no trapalleirismo metodolóxico e na chanchullada que caracterizan a administración feijoo. Tampouco ten sentido que fagamos sumas e cábalas, agrupando porcentaxes: un de cada tres pais preferiría que o galego non estivese presente de ningunha maneira no ensino dos seus fillos. Iso é desolador.
Pero máis desolador é ver como esas cifras da enquisa non foron acompañadas de dimisións, recapacitacións e contricións en masa. A min gustaríame ver, por exemplo, a dimisión do presidente da Mesa pola Normalización, que despois de trinta anos de activismo consegue moito menos ca tres ducias de vigueses nun par de meses. Tamén me gustaría ver a dimisión dos sindicalistas que se organizaron pra boicotear o proceso de enquisa, en vez de traballar pra que os resultados fosen máis proveitosos pró galego, nun exemplo máis na xa infinita recua de evidencias do despotismo ilustrado da presunta esquerda: todo pró pobo, pero sen o pobo.
Tamén, por que non, a dimisión retroactiva de todos os que traballaron en normalización lingüística nestes anos, que desbaldiron cartos en contratos e en iniciativas ao que se ve inútiles (na Xunta, nos concellos, nas comarcas, nas deputacións…). Tamén me gustaría ver como os sociolingüistas de medio pelo do país, que son maioría, raquiticamente formados, compulsivamente ideoloxizados, recoñecen publicamente que eses marcos teóricos axeitados ao vietnam non son válidos na Ghalleira, e que debemos poñernos a pensar pra amañar as cousas, e non só pra lamentarnos do ignorante que é o pobo.
Creo firmemente en que o número de asignaturas dadas en galego na escola é, aínda que importante, pouco decisivo na permanencia do idioma como entidade viva. Pero o que si é decisivo é o estado de opinión sobre a lingua que reflecte a enquisa. Velaí o pouco que avanzamos, o errados que estivemos.
Outros camiños, outros modelos e outras iniciativas son necesarias. Con este sistema imos cara ao abismo.

lacharringo

Máis palabras arrombadas. 12Uvas déitame lacha, vergoña. O eladio di que se emprega en sentido negativo: “non tes lacha”. E bolseiros de garcía sinala lacha como adxectivo referido a quen non ten vergoña. Alguén nega, confirma ou precisa?
Todonada déixame ringo: prenda de vestir, máis grosa ca un niqui e máis delgada ca un xarsei. De manga longa, adoita completarse con colo perquins. Eu tiven un colega que se chamaba ringo de bautismo. Non sei onde andará.