Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » gay

Arquivo de tags

palabriña

De todas as palabras dadas, houbo unha moi especial. Unha moi pequena e ao mesmo tempo moi importante. Como unha onda de felicidade sobre unha marea de felicidade.

[...] É a resposta que deron mozos e vellos, ricos e pobres, demócratas e republicanos, negros, brancos, hispanos, asiáticos, nativos americanos, gais, heteros, discapacitados e non discapacitados… Estadounidenses que lle mandaron unha mensaxe ao mundo: nunca serían só unha recua de individuos ou unha recua de estados vermellos e estados azuis… somos e sempre seremos os Estados Unidos de América [...]

burbulla

Th BubbleCon moitos meses de retraso sobre o horario de Berlín, baixo ata Glaspop pra ver A burbulla, a nova peli de Eytan Fox. Concordo con Plattdorf no da beleza, concordo no de chorar ao final, concordo no cachondos que están algúns dos actores, e discrepo lenemente coa acusación de eurocentrismo, anque me exaspere que en cada familia árabe haxa un terrorista.
Pero as máis de dúas horas de filme sálvanse con pracer e risas, cunha inquedanza tráxica que medra e medra e medra e non sabes onde, ou máis ben contra quen, vai estourar. Así que todo resulta case tan previsíbel como fermoso e acabo coa pel de pita e coa caluga en tensión, como quedan os bordos da burbulla ao rebentar.
Pero non, non era o día pra ver unha peli de israelí que namora de palestino e ao mesmo tempo recibir as primeiras sms de Barataria dende Ciudad-Ajo. Non, non era o día de voltar triste e só na noite, en bicicleta, un pouco despois da choiva.

berg

Pídolle a Barataria que me vaia á libraría prá viaxe e que me merque a Montaña máxica. Non sabía de que ía, nin que botaban toda a novela a tomar a temperatura nunha coincidencia notábel. Pero entre a frouxa tradución e a miña escasa paciencia, ao chegar á páxina 300 empezo a perder os folgos. Aínda quedan dous terzos e comeza a importarme ben pouco o que suceda nese sanatorio de tuberculosos que é a montaña máxica. Pero as coinicidencias están aí: unha exposición sobre Thomas Mann no museo gai de berlín, os seus libros en todas as vitrinas da friedrichstrasse, unha instalación artística denominada berg onde se propón a creación do partido da Montaña e á volta, a nova do cincuentenario da súa morte.

blogaiquedada

Despois de que non puidesen achegarse kaplan, arroaz e emecé, facemos unha blogaiquedada de dimensións reducidas. Falamos da gorentosa comida que preparou a señora Dot pra nós, dos mollos indianos, das videotapes e da política portuguesa. Vemos aos saltos un radical filme de Bruce Labruce, con güisques e llintonis de vella. Boss, Plattdorf e Dot son xeniais e fermosos. Pero a gran sorpresa é Tintim: incluso moito máis wapo e rideiro do que imaxinabamos, déixanos fondamente epatados aos norteños. Moitos quilómetros, parrulos!
Afortunadamente Plattdorf impídeme brindar. E é que foi un encontro demasiado emocionante pra rematalo con parvadas.