Arquivo de tags

golf

FuradoDespois de tres clases de golf, déixannos á solta sobre un campo de nove furados, con tres paus e unha bóla. E así imos rulando, guindando a bóla entre os arces, mirando de non lles bater aos esquíos, procurando que a bóla non vaia prá area, que se manteña no corredor, que non pete contra os troncos das árbores. Van pasando os furados, facémolos como podemos, e por fin, máis cansos do que é de crer, chegamos ao remate. Así que collo o pau e entro no tee. Pouso os pés xuntos diante da bóla e logo sepároos, alternadamente, mentres tento agarrar o mango ben, cos meimiños enganchados, presionando os pulsos pero só lixeiramente. Despois flexiono lixeiramente os xeonllos e desprazo os cóbados pra poder executar un bo swing. Pénsoo ben, fito ben a bóla e descargo o brazo.
E alí vai a bóla, polo aire, polo aire, directamente a agocharse entre as pólas dun bidueiro. Un par de séculos máis adestrando e poderei pousala directamente no green.