Arquivo de tags

gramática

Leo rapidamente e nun talgo a Gramática da Fantasía, de Gianni Rodari, que me emprestou o meu moi prezado martinpawley. A pesar de que os contidos en xeral son unha lata, resulta sorprendente o ameno que se fai. Non tanto como catálogo de trucos de escrita, nin como experimento pedagóxico, senón como lembranza de toda esa forma de pensar e de xogar que tiñamos antes, cando nenos, e sobre todo do imperfecto lúdico, ese tempo verbal que descubrín por azar nunha biblioteca o día en que comprendín qué inútiles e depravadas eran todas aquelas clases de dobre gramática que recibín ao longo de 12 anos.
Ese imperfecto lúdico de “eu era unha foca da antártida”, esa gran dúbida sobre a que edificara a miña fantasía, nunca me fora explicada. E a estas alturas, segue sen selo.