Arquivo de tags

adolescentes

Seguindo as consellas do mestre imos ver paranoid park, o último filme de gus van sant, ao festival de edimburgo. Sinto tanta empatía por un director que se dedica a facer filmes sobre adolescentes branquiños e tersos de pantalóns caídos, que nada me pode parecer mal: nin o abuso da cámara lenta, nin a secuencia un pouco absurda ou cómica ou zoupona da morte do segurata, nin nada. Só me enfada que despois de dez meses vivindo aquí aínda non sexa quen de entender un filme en inglés, de que os diálogos e as substancias se me escapen por entre os dedos e de que fuxa temeroso dos encontros cinéfilos na cola das hamburguesas: ese, o odo idioma, é o gran combate de cada día. E como o vou perdendo ás veces poño a carapucha do chándal e marcho facer skate mental sobre noriega varela, pra acabar de odiarme.