Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » gz2009

Arquivo de tags

Quintana dimisión

Eu fun Quintana durante uns días. Crin realmente no seu proxecto, e creo moito nel como político. Nunca ningún galego me entusiasmara tanto e, a pesar do BNG, estaría disposto a estar na primeira liña de algo que se denominase quintanismo. Porén, Galicia vai por outro lado. A derrota é inapelable, e Quintana ou, no seu defecto el e mais todos os responsables desta derrota, deberían dimitir. Iso non dá pra máis, e cada día de permanencia é un día máis de descreto prá cidadanía, un día máis de impedir que alguén se poña visiblemente á fronte e tome as decisións adecuadas.
Como dixo fantasticamente orsinia nun tuiteo oral, Quintana progresou na Galicia fraguiana, pero Galicia xa non é fraguiana. Quintana conseguiu algo impensable: aumentar decididamente o voto no rural, e se non fose polo estrondoso derrube da capital provincial, Quintana tería colleitado resultados históricos na provincia de Ourense.
Pero ao tempo, os votos fuxiron polo outro lado. Son votos que se foron sobre todo cara ás opcións de dereita (PP e UPD), menos cara a opcións de progresía difusa (Os Verdes, PUM+J, brancos, nulos), e moito máis residualmente, cara á esquerda (EU). Ningún marchou cara ao nacionalismo.
Daquela, cara onde ir? Os de dentro, os que estaban esperando pra sacar a navalla e os que xa a tiñan sacada, cren que a súa é a boa dirección: máis esencias, máis asemblearismo, máis esquerdas, máis nacionalismo. Pero os números dos galegos son exactamente os contrarios: hai unha Galicia moderna que atopa no PP e en UPD valores que antes vía no BNG, votantes de Beiras que agora votan a Feijoo tan tranquilamente, e que nunca viron contradición entre unha cousa e outra.
Non hai sitio nos anos dez pra un partido falsamente asembleario; non hai sitio pra un partido chapado á antiga, rancio, falto de transparencia, e onde nunca ninguén dimite por nada. A democracia non é xa así.
Tampouco hai que autoenganarse: a situación é dramática. E o peor está por chegar, sen ir máis lonxe, en xuño. Pero se replicamos consignas xeradas por nós mesmos e non escoitamos o que di a xente, o BNG ten moitas probabilidades de ir ao suicidio. E non ao asasinato por parte dun compló mediático ou das forzas do mal, nin sequera á desintegración, non, ao suicidio.
Se eu fose Anxo Quintana, dimitiría. E a cidadanía, os votantes e os que o poderán ser nun futuro, están esperando que o faga. Levan horas esperando.

gz2009, e 4

Losers
Iolanda Díaz: Esquerda Unida perde a metade dos seus votos en Ferrol.
Alfredo Bea: Só consegue 44 votos no Grove.
Ferrín: A FPG perde 200 votos máis na provincia de Pontevedra, case un 10%.
Nós UP: Décima forza do país, por detrás da Plataforma por un mundo máis xusto, UPyD e Os Verdes, entre outras.

Winners
Dobráronse os votos nulos, e non particularmente en Ourense.
Os votos en branco aumentaron moito, especialmente na provincia da Coruña, onde chegaron ao 2%

gz2009, 3

Catro pensamentos superrápidos antes de ir prá cama:

  1. Ao meu redor todo o mundo cre que o bipartito debería ter sido máis incisivo. Incluso moitos cren que está aí a razón da perda de votos. Pero de verdade cren que os votos que marcharon ao PP, a Terra Galega e a UPD eran votos que querían un cambio máis incisivo?
  2. É curioso como o voto dunha mociña de Cangas pode mudar a miña vida. Mola a democracia.
  3. Gustoume moito o discurso de Feijoo.
  4. E por primeira vez na historia, un ourensán é elixido democraticamente presidente da Xunta.

gz2009, 2

Abstención total - Actualización
Estes son os datos ás cinco da tarde, se non mos volven a cambiar, que levo os últimos quince minutos facendo e refacendo mapas. Son ben estraños, incluso máis có da abstención matutina. A participación medrou espectacularmente, e fíxoo sobre todo no rural ourensán, aínda que non de forma homoxénea, con comarcas de 7 e 8 puntos máis ca nas últimas eleccións fraguianas. Nas cidades tamén medra a participación, e aínda que as porcentaxes son discretas, o número de votos é maior.
En vermello, subas de máis de catro puntos, mentres que xa só hai un par de caídas, e todas moi lixeiras.

Algunha explicación?

gz2009

Abstención matutina:
En azul escuro, as comarcas con maior abstención (>5%). En branco as comarcas cunha abstención entre o 1 e o 2% maior ca en 2005. En amarelo, as comarcas con maior participación ca en 2005 ou en cifras semellantes (<-1%).
Alguén atopa un patrón?