Arquivo de tags

ida por volta

Todas as viaxes á ghalleira supoñen unha reinicialización do sistema de gps interno. Esta, como foi incribelmente fugaz, obrigou o gps a dar máis voltas das habituais, pero non houbo vagar pra que entrase en modo metafísico. Apenas tiven tempo pra falar ao caso con senalcume, coa tenente Risitas, con Ian, Ferre, Walter ou co Argallante Máximo, a quen se sumou Barataria, que veu pra vernos e fodernos nun alustro dende Ciudad-Ajo.
Logo de 16 horas de viaxe de ida e outras 12 de volta, logo de ver amencer nun bus chegando a Londres ou de intercambiar chiscadeliñas cun executivo noviño no avión, estou terriblemente canso pero tamén ilusionado pensando en decembro. E o que viña facer, fíxeno.