Arquivo de tags

españolidade

Unha das competicións destes intensos e pracenteiros días foi ver quen era máis español, se Henri ou eu. No seu prato da balanza, el coloca o seu dominio do inglés máis posh e o meu lastminutismo, ao que pouco podo retrucar. Así que tento atacarlle, algo inutilmente, cos horarios das comidas e con lixeiros matices entre galeguidade e españolidade. Pero un sucedido venme dar a razón: ando eu ao meu como auxiliar de información dos mundiais de cross e achéganseme unha parella de madrileños pra preguntarme algúns detalles básicos da hospedaxe. Eu infórmoos na súa lingua e ela, sorprendida, dime: que bien hablas español, casi no tienes acento.

inflexión

Non lle deamos máis voltas: a razón principal pola que non actualicei as balas neste longo período (o máis longo ever) foi puramente modernista: durante estas semanas non tiven habitación propia. Á visita de Ferre seguiulle inmediatamente a de Barataria, e ao día seguinte de Barataria marchar xa estaba aquí Henri. Por debaixo, ademais, continuaba o río de tristísimo traballo que fluirá ininterrompidamente ata comezos de maio.
Tamén, e pensábao hoxe mentres paseaba a soas polas brañas de embiburgo, existe unha pequena fractura lingüística: o galego é a miña lingua, e nunca dominarei outra coma ela, aínda que dedique todos os esforzos da miña vida. Pero o inglés comeza a ocupar cada vez máis espazo do meu cerebro, a moldearme algúns recantos, a mudarme frases e estruturas. Empezo a sentir o reto de que estas balas sexan bullets. Pero aínda non estamos en disposición técnica de facelo.

henri

Cun pouco de retraso, Henri mándame outro agasallo de aniversario. Un ben bonito e emocionante. E inmerecido. O mellor que podía darme.
Despois de tanto tempo, un ciclo acaba. E empeza outro.

alborada

Pasar catro días en oxford sempre é máis ca reparador. A enerxía que transmiten Cimbalaria e Henri, cada un ao seu xeito, crébame todas as ideas unha vez máis e guinda polos aires o puzzle da miña cabeza. Que vou facer este vrao? E dempois? Que prazos manexo? Con que cores se pintará a vida a dous anos vista?
Traballan tanto roéndome as perspectivas que por dúas veces necesito saír só a pasear no sol da primavera, pra ver esa combinación maxistral de pedra antiga e efebos de camisa por fóra, pra sentirme en soidade acompañada, pra deixarme caer polos canais entre as barnaclas, os mosquitos e as alongadas embarcacións onde a xente dorme, ve a televisión ou frite en cuberta unhas recendentes costelas de año.
As pezas da cabeza caen e recombínanse de novo, e con máis decisión ca forza súbome nun tren en oxford cara ao futuro. A primeira parada, sobre a medianoite, é o fantástico birmingham, onde teño que gastar as horas ata que amenza e coller o seguinte tren cara a glaspop. Métome nun club de caraoque e acábome liando cun rapaz bastante xeitoso, dedicado á horticultura, que non por casualidade resulta ser polaco e que tamén non por casualidade resulta vivir fóra da cidade: os dous agardamos pola mesma ialba. Así que cando cerran o último dos bares imos sentar na praza da raíña vitoria, e logo trazamos unha rota errática por entre os rañaceos, as torres de comunicación e os edificios neoclásicos pra acabar nun pequeno camiño ao bordo dos canais. Arrimámonos contra unha cancela vella, entre uns arbustos que non consigo identificar, e facemos iso que sabemos, iso pró que estamos aprendidos. E con cada zugada traemos un pouco máis a ialba.

homesweethome

Home sweet homeFoi en oxford. Por estas cousas que pasan acabamos ceando nun restaurante español Henri, Cimbalaria, Tinkthank e mais eu, atendidos por Bancada-de-río. Todos os cinco nacimos na ghalleira e todos os cinco vivimos a máis de dúas mil millas dela. Así que acabamos falando diso, de cal é a nosa casa. Henri di que somos persoas distintas, que hai un Henri que fala castelán na ghalleira, outro que fala galego en oxford e outro, finalmente, que fala inglés aquí e nos congresos do mundo. Tamén que somos de clases diferentes nun país e noutro. Ademais, el cre que inglaterra é xa a súa casa.
Quedo remoendo niso: onde é a miña casa? Sería demasiado irme de wai crer que escocia é a miña casa logo de catro meses. Pero despois de botar unha semana entre atenas, humidtown e hijuelas, teño claro que aquela xa non é a miña casa. É un sitio onde falar resulta moi cómodo e onde están eses rostros coñecidos, eses xestos, esas amizades que me atan á humanidade pero non á xeografía. E vai tardar tempo en volver ser a miña casa.
Así que cando chego dunha longa viaxe en autocar, bus e tren de máis de dezaseis horas (catro de espera en kingcross incluídas, de madrugada), métome na ducha, mastúrbome tranquilamente, boto o meu desodorante e vou espido ata a sala, pensando: á fin en casa.

novas

Chegan boas novas de senalcume, de henri, de iop: cada unha polas súas razóns.
O universo mellora lenemente.

globalización

Reunímonos con Henri na cidade, logo de ver unha expo moi wai no marco. Están pasando na súa casa o primeiro nadal sen o avó; pero Henri ponse igualmente elegante pra levar o sobriño ao cine. Tomámoslle unha pesicola nun pub e no medio do reconto das novidades poñémonos I Topo, Henri e eu a enumerar os estados USA: non os colocamos en orde, nin xeográfica nin alfabética, pero aí quedaron todos, mesmo delaware ou vermont, guiadiños como fungallas.
Fóra chovía, e ía moitísimo frío, como quizais en rhode island.
Horas despois, e algúns milleiros de quilómetros ao leste, unha grande onda mataba amigos e curmáns de Romesh, un pequeno ceilandés co que Henri pretende irse a vivir pró ano en oxford. Manda mail: apenas teñen comida, e el é dos ricos de colombo.

Tripulación, entrando en pista para o exilio.

Escríbolle a Henri e dígolle que esta tarde chove a 1000 demos. El dime que no centro do imperio (Oxford) chove, e que ademais hai xa tempo que é noite.

Contra responde comentarios, e marabíllome. Sinto unha punzada de desolación e creo o blo este. Agardo que a partir de agora vós enriquezades este espazo en branco.

Nada sería posíbel sen Todo nada. Hai un epicentro de enerxía positiva na coru, onda o reló.

1|2|3|4|5|6|7|8|9|10|11|12|13|14|15|16|17|18|19|20|21|22|23|24|25|26|27|28|29|30|31|32|33|34|35|36|37|38|39|40|41|42|43|44|45|46|47|48|49|50|51|52|53|54|55|56|57|58|59|60|61|62|63|64|65|66|67|68|69|70|71|72|73|74|75|76|77|78|79|80|81|82|83|84|85|86|87|88|89|90|91|92|93|94|95|96|97|98|99|100|101| cialis without prescription is a prescription needed to buy cialis in canada? cheap viagra Cialis sweet Generic cialis online pharmacy status 365 pills Cialis patent search Chemical structure levitra generic cialis with dapoxetine 80mg Cialis and multiple erections one pill super active cialis with no prescription viagra online nz ebay cialis Enhanced levitraBuy Generic Dapoxetine Online Canada paydayavailable.info Viagra Online no checking account payday loans magnum cash Quick Approval Payday loans faxless payday loans Buy Cheap Viagra Online Vardenafil Super Viagra Cialis Online Canada Viagra Online without Prescription Buy Levitra Online.Vardenafil Cialis Online without Prescription Cheap Cialis Viagra Coupon Cialis Coupon Viagra with dapoxetine Cialis Black Viagra Online Canadian Pharmacy Viagra Super Force Cheap Cialis Online Cialis Online Canada Cheap Levitra Without Prescription Buy Generic Cialis Online Buy Cheap Cialis Super Active Buy Viagra With Dapoxetine Online Cash Advances Payday Loans