Arquivo de tags

heroína

Xa ían alá tres semanas nesta gran illa-putrefacta e aínda non tivera ocasión de foder. Como prá finde que vén me chega barataria e non podía permitir que o primeiro ferrete aquí fose cun español, acabei indo ao súper de foder, en glasgow. A verdade é que coa tarde que estaba de choiva e frío, non era de estrañar atopar o súper baleiro. Din unhas voltas, e cando xa me dispuña a marchar, cádrame ver un chavaliño novo e moi fraco metido no iacusi coa pucha posta. Fíxome moita graza, chapuceime no iacusi e ao pouco tempo iamos os dous camiño dun cuarto.
O que pensei que era un friqui, e logo un quiote cheo de pulseiras, colares e aneis de ouro, foi collendo unha cor cobriza, case enferruxada a medida que nos deitábamos. E o que primeiro entendera como unha boca fina e delicada, en realidade carecía de dentes. A pantasma do tópico entrou naquel cuartiño: glasgow tamén foi golpeada con dureza pola heroína.
E así, a medio ferrete, cavilando en todas as enfermidades de transmisión sexual que lembraba dos catálogos, desculpeime e saín, correndo, a refuxiarme na choiva refrescante da noite de escocia.